Pais/Nais
Fase III - Desenvolvemento
admin — Ven, 01/07/2022 - 21:55
A última fase do noso proxecto é a Fase de Desenvolvemento. Esta fase foi máis doada de levar a aula cas outras dúas porque de feito aproveitábase do traballo feito nelas e ademais a estas alturas o alumnado estaba ansioso de facer algo práctico ca sua idea. Grazas o traballo realizado anteriormente puidemos focalizarnos exclusivamente na idea de Aforro Enerxético porque o alumnado era solvente no linguaxe de programación e non tiña que pensar a idea “ao voo”, xa estaba pensada.
Esta fase podemos dividila en dúas partes. Na primeira parte cada membro do equipo programou a sua parte seguindo o deseño do documento de planificación e posteriormente tódalas partes individuais foron integradas. Esta fase estendeuse desde a volta de vacacións de Semana Santa ata o final do terceiro trimestre.
Programación do Proxecto Individual.
Cada membro do equipo debería traballar na sua parte. Esta tarefa formaría parte da sua avaliación individual. Aínda que fose una tarefa individual a comunicación co resto dos membros do equipo era moi importante. Demostrouse que os equipos que máis “falaron” durante esta fase individual mellor fixeron a integración posteriormente. Cada parte individual estaba creada como un proxecto individual de Scratch dentro da conta de cada un deles.
Integración do Proxecto.
É aquí o verdadeiro reto do proxecto. Non tódolos equipos foron quen de integrar correctamente as partes individuais. Aínda sendo un obxectivo importante deixamos claro que non suporía un fracaso non conseguilo. O intento era o éxito e o noso alumnado estivo ata o último minuto implicado en conseguilo. Bravo por eles.
A actividade de integración consistía no seguinte: Un dos membros do equipo (normalmente o que elaborou a parte inicial do programa) creaba unha copia do seu proxecto de Scratch, este sería o proxecto de Integración. O resto dos membros exportaron os obxectos de Scratch que despois serían importados a este proxecto de integración. Era importante nesta tarefa ter moito coidado dos nomes das variables e dos mensaxes deberían coincidir si eran comúns o non facelo se non o eran. Moitos problemas da integración viñeron por esta problemática.
Abaixo varias imaxes das sesións de desenvolvmento do proxecto e finalmente tamén amosamos dous videos moi divertidos. No primeiro podemos apreciar a meticulosidade dos nosos alumn@s por levar a diante a súa idea. No segundo, podemos apreciar a "tensión" que se vivía na aula o día da entrega do proxecto. Só resta dicir que estamos moi orgullosos do seu traballo. Parabéns!.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+