Pais/Nais
Fase II - Planificación
admin — Dom, 15/05/2022 - 19:10
Quixemos aproveitar este proxecto para facer unha actividade transversal moi ligada a nosa materia de Tecnoloxía como é a da planificación dun proxecto tecnolóxico, neste caso, para elaborar un produto de software. Afondando deste modo en instruír ao noso alumnado neste aspecto tan importante para a sua formación. Esta actividade constitúe a fase II do noso proxecto ou Fase de Planificación. Detallamos a continuación as diferentes sub-actividades levadas a cabo durante esta fase.
Actividade de Tormenta de Ideas.
Para esta fase preparamos unha actividade inicial de tormenta de ideas sobre o tema do Aforro Enerxético. Durante dúas sesións os nosos alumn@s participaron en debates entre eles e con nos mesmos sobre os pros e contras das ideas que ian xurdindo. Esquematizamos esas ideas no encerado. Tratamos de ser meros moderados deixándolles a eles levar a iniciativa, eso si, focalizando o debate e dando igual peso as diferentes ideas. Esto e importante destacalo. O alumnado e moi dado a focalizar as ideas en Xogos, nos pensamos que era importante tamén fomentar as historias ou as simulacións. Tivemos unha terceira sesión para resumir todas as ideas expostas e quedarnos con aquelas que consideramos entre todos focalizaban mellor o tema do Aforro Enerxético. Dado o número de participantes tiven claro que era mellor dar varias opcións e non soamente unha. O final tivemos nada menos que 7 ideas candidatas para as cales concienciamos o alumnado de cuantificar onde se atoparía o aforro enerxético.
Agora era necesario que o noso alumnado elaborase un documento de planificación onde concretar estas ideas. Pero antes quedaba un aspecto importante por cerrar. Os grupos de traballo.
Actividade de Formación de Grupos de Traballo.
Fomentar o traballo en equipo e parte fundamental da formación do noso alumnado. Novamente este proxecto brindábanos unha excelente oportunidade para tal fin. O problema. Como establecer as agrupacións con tanto alumnado implicado, que criterio seguir para agrupalos, que número sería o máis conveniente. A todo isto una dificultade máis. A miña experiencia en proxectos de Software e de feito, o que vimos na primeira fase, indicábame que non e nada doado traballalo en grupo. Un programa informático feito en equipo supón integrar partes individuais, non ten nada que ver con que varios rapaces fagan cada un unha roda e despois a encaixen nunha caixa. O software non e algo tanxible que se poida ver ou tocar. Esto e moi complicado de levar a aula con rapaces desta idade e con pouca experiencia de programación. Presentóusenos un reto moi estimulante.
Finalmente decidimos as seguintes agrupacións. Partiamos de 3 grupos de TIC, cada unha con aprox. 20 alumn@s . Formamos equipos de 3 ou 4 alumn@s máximo. A nosa experiencia da primeira fase con grupos de dous dicíanos que non deberíamos superar esas cifras. Emparellamos o alumnado seguindo un criterio de “similares coñecementos” dentro do grupo.
Cuantificación do Aforro Enerxético.
Quixemos que este tema tan relevante nos nosos días non fora unha mera escusa para facer un xogo ou unha historia sin máis contido. Propuxemos os equipos de traballo que cuantificasen con números onde se vería o Aforro Enerxético. Como a transversalidade do proxecto era un aspecto clave deste proxecto que mellor que utilizar recursos das materias de Física, Matemáticas ou Tecnoloxía para esta actividade. Pola nosa parte axudamos os equipos nestes cálculos, por exemplo, para que soubesen calcular correctamente unha factura eléctrica real, coñecesen o consumo real dos electrodomésticos e o seu custo diario ou que manexasen correctamente as unidades de potencia , enerxía, voltaxe ou de capacidade dunha batería.
Actividade de Elaboración dun Documento de Planificación.
Esta actividade debería ter como resultado final un documento de planificación onde se expuxesen en papel todos os detalles de deseño do proxecto. Aí debería especificarse unha sinopse do proxecto, unha descrición detallada do programa a nivel funcional e técnico (opcional), o deseño de personaxes e escenarios e o reparto de tarefas. A idea clave e que grazas a este documento o alumno non tivera que improvisar durante a programación.
Non tiñamos claro a duración desta parte pero se queríamos que esta actividade fose de utilidade para o fin que buscabamos debería ter peso específico e así foi. Prolongamos esta actividade ata Semana Santa. Certamente menos tempo para a fase de desenvolvemento pero demostrouse que foi tempo gañado, o alumnado centrouse moito mellor na tarefa de programación, non tiveron que pesar “ao voo”. Evidentemente houbo improvisación pero moita menos da esperada grazas a esta actividade.
Na práctica, cada alumn@ debería facer a sua parte do deseño e despois todas as partes deberían integrarse nun único documento que debería ser subido a Aula Virtual para a sua avaliación. Foi moi interesante que en varios documentos o alumnado quixo deseñar os seus propios personaxes e foi quen de facer bosquexos deses personaxes en lugar de presentar os propios de Scratch. Finalmente un dos membros do equipo debería liderar esa integración de tódalas partes.
Abaixo varias imaxes do alumnado durante a actividade de tormenta de ideas e tamén amosamos un video onde recompilamos diversos momentos de traballo en equipo elaborando o documento de planificación.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+