Pais/Nais
Día do Libro 2022
admin — Mar, 03/05/2022 - 16:22
Para conmemorar o pasado Día do Libro, do 23 de abril, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura realizou unha serie de actividades no centro como homenaxe ao escritor máis importante das nosas letras: Miguel de Cervantes. Así, o alumnado de 3º ESO, coa axuda do Departamento de Ed. Plástica e Visual, realizou un mapa coa ruta de Don Quixote por Castela a Mancha. Nel incluíron fragmentos onde aparecían os lugares da ruta, fotografías deses lugares emblemáticos hoxe en día e mesmo poemas dedicados á obra cervantina. Tamén realizaron un proxecto chamado “Se Don Quixote volvese”, no que recollían noticias en periódicos que lles parecesen inxustas e relacionábanas con fragmentos da obra nos que Don Quixote loitaba por defender distintos valores como a xustiza, a tolerancia, a loita contra a pobreza, a igualdade de dereitos entre homes e mulleres… Así, déronse conta de que o personaxe de Cervantes é moito máis avanzado ideoloxicamente do que eles pensaban. Por outro lado, o alumnado de primeiro de Bacharelato, investigou e expuxo unha mostra das portadas de todas as versións de Don Quixote da Mancha que se fixeron en todo o mundo, co que se deron conta da importancia desta obra para a literatura universal. Para rematar, o luns día 25, realizouse unha lectura continuada da novela no salón de actos, na que foron participando nas distintas horas todos os grupos do centro, dende 1º ESO ata 1º Bacharelato. E agora só queda por descubrir o resultado do concurso de relatos e poesía convocado e seguir festexando o Día do Libro todos os días do ano.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+