Pais/Nais
Posta en marcha do proxecto
admin — Lun, 28/03/2022 - 19:03
Neste primeiro artigo que subo ao espazo reservado na nosa Web para o proxecto Aprendo programando (curso 2021/22) do Plan Proxecta+ quérome centrar principalmente nos aspectos iniciais do proxecto. Este primeiro artigo prentende ser un resumo da etapa inicial de posta en marcha do proxecto e tarefas clave que realizamos tanto eu mesmo, Óscar Loeda Rivas, como coordinador do proxecto, como a miña compañeira de departamento e participante neste proxecto, Nerea González-Lavín Sáenz del Castillo.
Esta posta en marcha pretendía definir e concretar aspectos esenciais de planificación e organización do proxecto. Entre outros destaco quizais os máis relevantes: identificar alumnado obxectivo, necesidades de material de hardware e software ou preparación dun plan de traballo para levar á aula. Estas tarefas levámola a cabo, principalmente, entre Novembro e Decembro do ano pasado e durante as mesmas Nerea e eu tivemos varias reunións de coordinación, xunto coa nosa Xefa de Departamento de Tecnoloxía Marina González Araujo para levar a bo fin o inicio do proxecto. O noso obxectivo, arrincar o noso proxecto con todo preparado á volta de vacacións de Nadal. E así foi. Teño que apuntar que ningún dos dous tiñamos experiencia no desenvolvemento dun proxecto de programación en Scratch, e menos aínda, de tal emvergadura, pero a ilusión por facelo ben e de transmitir esta ilusión ao noso alumnado superaba calquera dificultade e asumimos ese reto.
Como coordinador do proxecto tiven claro desde un primeiro momento que tiñamos que dividir o proxecto en fases. Propuxen á miña compañeira Nerea dividilo en tres fases ben diferenciadas, cada unha delas co suficiente peso específico para que o comezo da mesma cimentásese correctamente na fase anterior. En Xaneiro do presente ano arrincariamos coa primeira destas fases.
Presento a continuación as fases do proxecto cos seus correspondentes obxectivos:
- Fase de Aprendizaxe. Aproximadamente o 80% do noso alumnado obxectivo ten nula ou moi escasa experiencia con Scratch. Vou máis lonxe, se falásemos de coñecementos do termo Programación como concreción do Pensamento Computacional ese porcentaxe iríase máis alá do 90% de descoñecemento. É necesario unha fase inicial de formación suficientemente ampla como primeira aproximación aos conceptos básicos do Pensamento Computacional utilizando como ferramenta a linguaxe de programación Scratch.
- Fase de Planificación. Un dos problemas que presenta calquera proxecto de certa envergadura é o escaso ou nulo tempo dedicado á fase de planificación. Un termo un tanto xenérico onde eu incluiría, por exemplo, os seguintes conceptos: pensar unha idea, concretar os seus requirimentos, deseñar a súa funcionalidade, identificar recursos e tarefas e planificar os tempos para a súa realización. O noso alumnado non está adestrado a desenvolver unha idea de certa envergadura parandose un tempo a pensar cómo facela e a plasmala nun papel. Pretendemos aproveitar este proxecto para que o noso alumnado se instrúa neste aspecto que considero moi importante na súa formación.
- Fase de Desenvolvemento. Sen dúbida a fase máis agraciada para o alumnado xa que é aqui onde farán realidade as súas ideas. Esta fase depende fundamentalmente do correcto desenvolvimiento das outras dúas. Evidentemente o alumnado da ESO non será consciente nun primeiro momento que se o seu proxecto sae como tiñan previsto é por que investiron todo o tempo anterior, pero pronto daránse conta de que sen ese tempo non lograrían tales obxectivos. Estaremos ahí para axudalos a comprendelo.
Como datos de partida para este proxecto podo dar os seguintes:
- Alumnado obxectivo: As 3 liñas de 4º ESO que temos no Centro. Aproximadamente 60 alumnos e alumnas.
- Aproximadamente o 80% do alumnado obxectivo, con nula ou moi escasa experiencia con Scratch.
- Profesorado implicado directamente ao comezo do proxecto: Óscar Loeda Rivas (Coordinador) e Nerea González-Lavín Sáenz del Castillo (Participante).
- Creación dunha conta de Profesor (proxectaTeacher) e de 60 contas individuais en Scratch para todolos alumn@s que se integraron nunha clase da conta do Profesor.
Para finalizar este primeiro artigo amoso debaixo varias imaxes do primeiro día de presentación do proxecto, da organización do proxecto na aula virtual e na conta docente de Scratch e das primeiras sesións desenvolvidas no mes de Xaneiro deste ano.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+