Pais/Nais
21 de marzo: Día Mundial da Poesía
admin — Ven, 25/03/2022 - 17:42
O 21 de Marzo é o Día Mundial da poesía e dende o Departamento de Lingua Castelá quixemos celebralo con diferentes actividades que poetizaran as nosas xornadas no instituto. Así, o alumnado de 3º da ESO expuxo os seus poemas favoritos nos taboleiros da entrada do centro e tamén montaron un recanto de “Farmapoesía” no que conxugaron a orixinalidade con todo o que aprenderon en literatura este curso. Por outra banda, colocouse na entrada un cesto con agasallos en forma de poemas para aqueles que quixesen coller un, ademais dunha selección de libros de poesía das diferentes linguas que se imparten no centro. E para rematar, o alumnado de 3º da ESO tivo a sorte de poder contar coa presenza no instituto da poeta Marisa López Soria, un referente, ademais, no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Ante o alumnado de 4º da ESO falou da súa vocación pola escritura, da súa concepción da poesía como xénero que xorde das propias vivencias e o lento exercicio de atopar as palabras exactas para falar das cousas. Na súa intervención houbo un recordo especial á figura da súa nai, Josefina Soria, e outras autoras da súa xeración ás que se achegou poeticamente nun dos seus últimos traballos, como coautora de Ellas vuelan, sentida reivindicación dos seus legados.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+