Pais/Nais
Curso 2021-22 - Eleccións ao Consello Escolar. Convocatoria.
• O día 8 de novembro quedan convocadas as eleccións ao consello escolar do IES Rosais 2.
• A convocatoria de eleccións afecta a todos os sectores educativos: Profesorado, familias, alumnado, PAS.
• Xa se poden consultar os censos electorais, dos distintos sectores. A consulta ten que ser presencial, no taboleiro de anuncios das eleccións ao consello escolar de 2021. Ata o 15 de novembro pódense presentar reclamacións ao censo, ben por non figurar ben por figurar con datos erróneos.
• Do 9 ao 16 novembro é o prazo de presentación de candidaturas dos sectores (profesorado, alumnado, familias, PAS). A persoa que queira presentar a súa candidatura ao consello escolar, deberá facelo na secretaría do IES Rosais2 á atención da Xunta Electoral. Os impresos para presentar a candidatura pódense solicitar no propio IES Rosais 2
• O prazo de admisión de candidatos non será inferior a sete días.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+