Pais/Nais
CONCURSO "O ENIGMA BINARIO".
admin — Ven, 18/06/2021 - 11:59
Dentro das actividades organizadas polo departamento de tecnoloxía no ámbito das TIC neste 3 trimestre, planificouse unha actividade transversal que envolvía as unidades didácticas de representación de datos (Hardware Ordenadores) e edición de Imaxe con GIMP.
Na primeira parte da actividade desenvolvida durante o mes de Abril o alumnado, dividido en pequenos grupos, tiña que traducir a código binario a resposta a un enigma exposto polo resto da clase. Obrigatoriamente a resposta era un ano entre 0 e 2020. A codificación realizouse con sinais de audio de dúas frecuencias diferentes (unha para o 1 e outra para o 0) e con axuda da ferramenta Audacity. O alumnado puxo en xogo desta maneira os seus coñecementos de representación de datos en binario dos números do sistema decimal.
Esta primeira parte expúxose como un concurso no que a metade do grupo tiña que descargar o audio no seu móbil desde o patio e facer unha tradución rápida de binario a decimal. Os gañadores foron aquel grupo que acertou en menos tempo o enigma binario.
Na segunda parte da actividade desenvolvida durante o mes de Maio propúxose ao alumnado facer un deseño en GIMP dun diploma como premio na participación do concurso. O deseño proposto tal como comentábase no documento da actividade é unha adaptación da actividade orixinal “ How to design a Certificate on GIMP | Certificate Designs | 2021 Designs” by Crimsons Prol. O videotutorial orixinal pódese visualizar na canle de youtube:
https://youtu.be/V7sc43CYD0Q
A adaptación levada a cabo refírese ás técnicas de edición escollidas para a composición dos elementos do deseño, as cales, nos casos máis relevantes, son notoriamente diferentes ás mostradas no videotutorial orixinal.
Os alumn@s tiñan liberdade en varios aspectos indicados no documento da actividade para modificar o deseño orixinal.
Por votación da clase escolléronse os mellores deseños que se repartiron entre o primeiro, segundo e terceiro posto do concurso. Tamén houbo diploma accésit para o resto dos grupos.
Finalmente os diplomas foron levados a impresión para a súa entrega neste mes de Xuño.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+