Pais/Nais
ACTIVIDADES EDUCATIVAS NA ILLA DE CORTEGADA
admin — Xov, 07/11/2019 - 21:14
ACTIVIDADES EDUCATIVAS NA ILLA DE CORTEGADA
O pasado día 23 de outubro o alumnado de 1º ESO realizou unha ruta interpretativa pola illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, acompañado polos profesores Sara González, Irene Otero e Raúl Matos. A actividade foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
A visita comezou no porto de Carril dende onde os rapaces foron trasladados nunha embarcación á illa de Cortegada.
Durante a mañá, percorreron roteiros acondicionados polo interior da illa, visitando o maior bosque de loureiro do sur de Europa, e coñecendo tanto o resto da súa flora e fauna como a súa historia: os orixes da aldea, a posterior doazón ao rei Alfonso XIII e a recuperación para dominio público como parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Pola tarde, tras unha pausa para o xantar, realizaron xogos de temática educativa relacionados cos contidos aprendidos durante a mañá, tras o cal finalizou a visita. .
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+