Pais/Nais
VISITA DO MOSTEIRO DE CARBOEIRO E CATEDRAL DE SANTIAGO
admin — Xov, 13/06/2019 - 11:48
O tórrido venres 31 de maio, o alumnado de 2º de ESO visitou o Mosteiro de Carboeiro onde houbo tempo para comprender a organización da vida monacal e asistir a un interesante taller de arquitectura. A continuación, repuxemos forzas na área recreativa A Carixa, á beiriña do río Orza (afluente do Deza) e rematamos a excursión en Santiago de Compostela. Despois de “lavarlle a cara” á catedral, agora tócalle a quenda ás cubertas, por iso o seu interior está cuberto de pástico e estadas. Aínda así, o día foi o broche de ouro ao curso e serviu para que o alumnado afianzase os seus coñecementos de historia medieval e gozase do rico patrimonio histórico-cultural galego. A actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Luisa González e Rosa del Río.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+