Pais/Nais
1º PREMIO CONCURSO A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA
admin — Ven, 31/05/2019 - 11:40
O equipo de 4º ESO A do IES Rosais 2 constituído por Paula Albizúa Simón, Irene da Aira González, Uxía Franco Acea, Antía González Simón, Sheila Gracia Rivera, Eva Lareo Manzano, Ana Wenai Lobo Lago e Mario Méndez Puga participou no Concurso de carteis ‘A táboa periódica e Galicia’ promovido pola Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela con motivo do 150 aniversario da Táboa Periódica. O pasado venres 24 de maio, o equipo desprazouse a Santiago de Compostela para presentar o cartel e a recoller o premio nun acto, que estivo presidido pola Decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo e ó que acudiron máis de 300 estudantes de institutos de toda Galicia.
O cartel presentado, titulado ‘O Radón e a súa importancia’, e supervisado pola profesora do Departamento de Física e Química Adriana Arca Ramos, alzouse con primeiro premio do concurso, recoñecido con 1000 €. O concurso contou coa participación dun total de 84 carteis, chegando así a implicar a alumnado procedente de todos os recunchos da Comunidade Autónoma.
A noticia recollida na prensa:
http://xornal.usc.gal/xornal/acontece/2019_05/noticia_0123.html
https://www.gciencia.com/universidade/traballo-radon-taboa-periodica/
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2019/05/29/poster-o-radon-e-sua/2113758.html
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+