Pais/Nais
MENCIÓN DE HONRA NA XIV OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA
Dous alumnos do noso Centro, Laura López Prieto e Víctor Irisarri Piñera de 2º Bacharelato A, acadaron a Mención de Honra na fase autonómica da XIV Olimpíada de Bioloxía. O certame celebrouse o venres 18 de xaneiro na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, organizado pola Asociación da Olimpíada de Bioloxía en colaboración co Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, as tres Universidades Galegas e a Xunta de Galicia. O alumnado foi preparado e estivo acompañado pola profesora de Bioloxía Dª Isabel Martín. Nesta ocasión participaron 80 estudantes de 30 centros de Secundaria de toda Galicia. O fin das olimpíadas é fomentar os estudos relacionados coa Bioloxía e promover o interese pola investigación científica. O certame consistiu una resolución dunha proba teórica tipo test e unha proba práctica de laboratorio, con contidos de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, centrados na base molecular e fisicoquímica da vida. A proba de laboratorio é a segunda vez que se realiza, para adecuala ás probas nacionais e internacionais. O acto foi clausurado polo Rector da Universidade da Coruña, o Decano da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, o Decano do Colexio Oficial de Biólogos e o Delegado da Olimpíada Española de Bioloxía.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+