Pais/Nais
PRÁCTICA DE CAMPO DE XEOLOXÍA: ILLAS CÍES
O sábado 8 de abril, as alumnas Sara Ananín, Ana Riveiro e Sandra Souto acompañadas pola profesora Olga Mijón realizaron unha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. A saída tivo como obxectivo realizar unha práctica de campo da materia de Xeoloxía (2º Bacharelato). As alumnas visitaron distintas zonas da Illa de Monteagudo e da Illa do Faro que destacan desde o punto de vista xeolóxico, interpretando mapas e recoñecendo os principais elementos xeolóxicos do itinerario (falla, diques, alvéolos, pías, diaclasas, rampas de bolos, praias fósiles do periodo Eemiense, derrubios,….) e recibindo diversa información sobre a formación das Rías Baixas e das Illas Atlánticas, a constitución xeolóxica do Arquipélago das Illas Cíes, a evolución dos cantís, a formación das furnas, as unidades que forman o sistema barra-lagoon Lagoa dos Nenos, o complexo dunar do Muxieiro, as praias de Rodas, Figueiras, Areíña, a praia de cantos- Carracido, o tafoni Pedra da Campá, o proceso de reptación ou creep.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+