Pais/Nais
XORNADAS DA AUGA
O día 22 de marzo o alumnado de 2º Bach A e B que cursa Ciencias da Terra e do Medio Ambiente participou nas Xornadas da Auga, organizadas pola Vicerreitoría do Campus de Ourense con motivo do Día Mundial da Auga. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores Juan Carlos Ares e Olga Mijón.
A xornada de portas abertas reuniu a estudantes de educación secundaria e bacharelato de distintos Centros. A actividade tivo como obxectivo salientar a importancia da conservación dos recursos hídricos e consistiu en:
- Visitar os laboratorios de Microbioloxía, Bromatoloxía e Enxeñaría Química.
- Presentación das investigacións desenvolvidas no Campus da Auga sobre “A gobernanza internacional da Auga”, “Tratamento de efluentes agroindustriais” e “Informática aplicada”.
- Pósters sobre a redución do impacto contaminante da actividade humana sobre a auga.
- Entrega de premios da III Edición do Concurso fotográfico Campus da Auga-Scholaris “Auga, Ciencia e Desenvolvemento Sustentable”.
- Coñecer as diferentes titulacións que oferta a Universidade de Vigo no Campus da Auga (Ourense).
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+