Pais/Nais
VISITA AO DOMUS E Á CASA DAS CIENCIAS
O 17 de Febreiro, o alumnado que cursa Bioloxía e Xeoloxía de 3º E.S.O. A e C visitou o Domus e a Casa das Ciencias en A Coruña, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores Isabel Martín, Eduardo González e Sonia Blanco. A saída tivo como obxectivo coñecer, dun modo interactivo e ameno, diferentes contidos científicos, relacionados co corpo humano e coa física de materiais e a astronomía. O alumnado visitou pola mañán a Domus ou Casa do Home, na que percorreron os seguintes módulos:
-Principais descubrimentos e avances xenéticos, con especial referencia á saúde humana.
-O crecemento e reproducción humana.
-Función de relación: receptores sensoriais, sistema nervioso e aparato locomotor.
-Interior dun modelo xigante de corazón humano.
-A evolución dos homínidos.
Despois da comida o alumnado achegouse ata a Casa das Ciencias, na que realizaron as seguintes actividades:
-Observación astronómica comentada no planetario, onde se representou un modelo do actual firmamento de Galicia, identificando diferentes corpos celestes e practicando métodos de orientación nocturna.
-Actividades interactivas de Física: movemento circular, péndulos, fluídos, ondas sonoras e experiencias de comportamento da luz.
O alumnado participou dun modo moi activo en tódalas actividades plantexadas, traballando en grupos pequenos, supervisados polo profesorado. Con posterioridade, elaborarán un informe da visita.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+