Pais/Nais
VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA
O 8 de Febreiro, o alumnado que cursa Bioloxía e Xeoloxía de 4º E.S.O. A, B e C visitou a Misión Biolóxica de Galicia, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores Eduardo González e Olga Mijón. A saída tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven as liñas de investigación da M.B.G., un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas, que se ocupa do estudo dos principais cultivos galegos (brásicas, vide, millo, especies forestais, leguminosas) empregando técnicas de biotecnoloxía vexetal.
O alumnado visitou as dependencias da MBG, recibindo diversa información sobre:
-
A Historia do Centro e liñas de investigación que desenvolven na actualidade.
-
Proxección de dous vídeos. O primerio sobre as plagas que afectan ás especies forestais (procesionaria e outros insectos herbívoros) e a loita biolóxica; e un segundo vídeo onde se reflícte o traballo do grupo de viticultura.
-
Visualización das zonas de campo onde realizan os cultivos experimentais.
-
Visitaron distintos laboratorios dotados de instrumental de xenética e microscopía. No laboratorio do grupo da vide o alumnado observou esporas de Mildiu, Oidium e Botrytis, fungos dañinos para a vide; ademáis de diversa información sobre un cultivo tan importante en Galicia, e as innovadoras aplicacións dos residuos producidos nas adegas para a formación de biocarbón, aceites, etc.
-
Recibiron información sobre os compostos presentes nas especies de brasicáceas como o repolo, berzas, coliflor. Técnicas de selección xenética encamiñadas a obter variedades de brasicáceas resistentes a distintas plagas. Os distintos produtos comercializados en Galicia (grelos deshidratados, en conserva,…). Observaron un cultivo de Xanthomonas campestris, bacteria causante da podremia do repolo e da que se obtén a goma xantana empregada nos chicles e para cociñar.
-
Coñeceron as técnicas de conservación das sementes, resaltando a importancia do banco de xermoplasma e visitaron o banco de sementes de leguminosas, que contén neste momento 2014 variedades (feixóns, xudión, chícharos, xudías).
-
Observación de mazarocas de distintas variedades de millo (mazaroca de millo orixinario americano, de millo doce, millo para pensos, millo corvo,…) e como se obteñen as variedades de millo con maior rendemento e calidade empregando a mellora xenética. Visualizaron de fotografías da electroforese de ADN de distintas variedades de millo, e información sobre o ciclo vital do taladro, plaga que afecta a este cultivo, examinando mazarocas e larvas do taladro.
En cada unha destas dependencias o persoal investigador guiou a visita, permitindo, dese xeito, que o alumnado coñecera de primeira man o traballo de investigación realizado. O alumnado aproveitou para facer numerosas preguntas ós investigadores, tanto de aspectos científicos como das facetas máis profesionais do seu labor.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+