Pais/Nais
VISITA DIDÁCTICA AO AQUAMUSEUM DO RIO MIÑO E A CATEDRAL DE TUI
O 11 de Outubro o alumnado de 1º E.S.O. participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e coa colaboración do Departamento de Relixión. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores Victoria Cobas, Olga Mijón, Eduardo González e Gabino Costas, a saída tivo como obxectivo ampliar coñecementos de forma creativa e práctica, visitando o Aquamuseum do Rio Miño en Vila Nova de Cerveira e a Catedral de Santa María en Tui.
No Aquamuseum do Rio Minho o alumnado profundizou no estudo do ecosistema fluvial, na primeira parte da visita observaron diversos acuarios que recrean a fauna piscícola, autóctona e introducida característica de cada etapa do curso do río e finalizando na zona do esteiro. As especies observadas despertaron moito interese desde esturións, gambusias, troitas, black bass, robalizas, sargos, linguados, sollas, etc. Ademáis recibiron información sobre os artes de pesca tradicionais que se empregaban na zona, e na visita tamén puideron disfrutar da presencia dunha lontra que está acollida no Centro.
A segunda parte da visita consistíu no desenvolvemento dunha práctica de laboratorio sobre o reino animal observando diversos espécimes de invertebrados e estruturas de vertebrados do medio mariño e terrestre.
En Tui, o profesor Gabino Costas, guiounos pola da Catedral de Santa Maria, obra iniciada no século XII, en pleno estilo románico e posteriormente continuada aplicando o estilo gótico como queda constatado na fachada principal. O templo alberga un importante museo catedralicio, un claustro considerado unha soberbia obra do gótico e desde os xardíns subindo a torre de Soutomaior contemplaron unha espectacular vista do río Miño.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+