Pais/Nais
O IES ROSAIS 2 NO RALLY CIENTÍFICO SEN FRONTEIRAS EN TOULOUSE
O 13 de Maio, os alumnos de 4º ESO que gañaron a final autonómica do Rally de Ciencias e Matemáticas sen Fronteiras: Matthew Jones Vaqueiro, Alba Rosalía Lorenzo Alonso, Javier Martínez García-Picher, Belén Montenegro Viñas, María Pereira Louzao, Claudia Reigosa Pérez, Alberto Rodríguez Lorenzo e Luis Sampedro Moix representaron ao Centro na final internacional celebrada en Toulouse (Francia).
A proba foi organizada conxuntamente por Igaciencia e a Universidade Paul Sabatier.
A estancia en Toulouse permitíu coñecer a “Cité de l’espace”, un parque temático onde hai unha réplica do foguete Ariane 5, a nave Soyuz, a estación espacial Mir, o satélite Meteosat, o robot Curiosity que viaxou polo solo de Marte e diversas salas con exposicións interactivas e proxeccións de audiovisiais en 3D. Tamén visitamos o “Muséum d’Histoire Naturelle” que alberga un xardín botánico, unha importante representación de mostras xeolóxicas e biolóxicas, xunto con unha exposición dedicada ao xacemento paleontolóxico “Montréal-du-Gers”. Ademáis foi posible visitar a cidade medieval de Carcassone, declarada en 1997 Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Unha experiencia estupenda que foi posible grazas a Igaciencia, ao Concello de Vigo, ao noso Centro e as familias dos alumnos.
Fragmento da “Chanson du Rallye”: “Les mathématiques La Biologie, chimie et la physique Travail en équipe On cherche, on discute, c’est fantastique”
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+