Pais/Nais
6ª EDICIÓN DO CONCURSO "NOVOS TALENTOS RELATO CURTO DE COCA-COLA"
Despois dunha 1ª fase de clasificación no instituto IES Santa Irene, no que tiñamos que escribir un pequeño relato a partir dunha fotografía que tiña como tema base a auga doce, e con máis de 500 participantes, tres alumnas de 2º de ESO do noso IES fomos seleccionadas para ir á entrega de premios celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o venres 6 de xuño; Candela González, Ana Sanuy e eu mesma, Ana R. Cervino.
Mentres esperabamos o ansiado momento e co correspondente desacougo por coñecer o/a primeiro premio, fixemos una visita guiada pola exposición sobre a auga (pura coincidencia co tema do noso relato) de máis ou menos una hora de duración e na que puidemos ver cadros e esculturas de autores como Óskar Kokoshkar e Leiro.
Sobre as sete da tarde comezaba o acto. Nominaron por sectores. No sector de Vigo, quedou en 6º posto Candela Gónzalez, no 3º posto saiu Ana Sanuy. Eu xa estaba a poñerme moi nerviosa, tan só quedaban os dous primeiros postos. ¿E se quedaba de 1ª? E comezaron a chamar ós segundos. Soou entón o meu nome. As do instituto Rosais 2 ocuparamos os postos pares. Nominaron logo ós primeiros por sectores e, tras una foto de familia, o nome da gañadora a nivel galego: Paula Rodríguez Franco do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao, que irá unha semana a Madrid onde se reunirá con todos os gañadores das distintas Comunidades Autónomas para participar nun obradoiro literario a cargo de escritores e escritoras recoñecidos.
Todo o acto estivo salpicado de pequenos sketchs que parodiaban as redes socias e o mal que poden facer ás relacións persoais. Iso fixo que fose ameno, fluído e dinámico.
Por último, un catering que ninguén esperaba (moi saboroso por certo). E todos voltamos a casa. Para o ano que vén máis e mellor.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+