Pais/Nais
RALLY CIENCIAS
O luns día 18 de marzo, o noso Centro participou na primeira edición do Rally Galego Sen Fronteiras de Ciencias (Bioloxía e Xeoloxía) convocado por Igaciencia (Institución Galega de Ciencia). Nesta fase clasificatoria celebrada no propio Instituto, lograron o pase á final autonómica o grupo de alumnos de 4º de ESO integrado por: Almudena Álvarez Rodríguez-Sieiro, David Cerviño Fungueiriño, David Clemente Guinarte, León Fernández Cameselle, Isabel Herbello Rodríguez, Candela Martínez Pérez, Noa Mascato Fontaíña e Pedro Meijide Suárez. Todos eles acudirán o vindeiro 11 de abril a Santiago para dirimir a proba que permitirá aos gañadores acudir á derradeira fase, xa internacional, que terá lugar o 17 na cidade francesa de Toulouse, e á que tamén terán que ir acompañados polas súas respectivas profesoras María Martínez e Dolores Rivera.
Ademais de facer fronte ás probas, os que consigan acceder á cita gala terán oportunidade de facer un percorrido polas principais atraccións do lugar, como a Cité das Sciences ou Carcasonne, entre outras.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+