Pais/Nais
II Olimpíada Nacional de Teleco: Gran éxito do noso centro
admin — Xov, 23/05/2024 - 09:38
Preto de 300 estudantes de medio cento de institutos de ensino secundario de toda Galicia participaron entre o xoves 25 e sábado 27 de Abril na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na II Olimpíada Nacional de Teleco , unha cita na que se reta ás alumnas e alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional a que realicen un proxecto de telecomunicacións que solucione algún dos problemas aos que se enfronta a nosa sociedade. Nesta ocasión os prototipos presentados tiñan que estar vinculados co ODS 3 da Axenda 2030: saúde e benestar.
Ao igual que na súa primeira edición, a Olimpíada Nacional de Teleco desenvólvese en dúas fases: unha galega na EET da UVigo, e outra nacional, na que compiten os proxectos gañadores das distintas competicións locais. A fase nacional desenvolverase durante o mes de maio nunha final en liña.
Na fase Galega xa rematada temos a excelente noticia de anunciar que o noso centro logrou un gran éxito ao ser galardoado co segundo premio tanto nas categorías da ESO e de Bacharelato. Os nosos parabéns para o Departamento de Tecnoloxía e as rapazas e rapaces participantes neste evento pertencentes o grupo de Tecnoloxía de 4º da ESO e de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+