Responder ó comentario

Reunión do pasado día 18 de outubro

Nesta xuntanza os alumnos tiveron a oportunidade de traballar en sinxelos experimentos que se reproduciran na semana da ciencia co obxectivo de que eles actúen como monitores dito día, podendo así axudar na montaxe e explicación dos experimentos ao resto do alumnado do centro. Fixemos traballos tanto no laboratorio de Física como no de Química, experimentando con disolucións de distintas concentracións, proceso de galvanización de moedas, experimentos coa presión, conservación do momento angular, etc. Foi unha tarde chea de experimentos no que os rapaces desfrutaron un montón!

Archived in

Responder