Pais/Nais
Saídas Extraescolares
O 25 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato A e B da materia de TIC, acompañado pola profesora Dª Marta Estrada, realizou unha visita a ETS de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.
Alí realizouse o obradoiro “Seguridade” dirixido polo profesor titular da escola Dr. Raúl Rodríguez Rubio.
O obradoiro tiña como obxectivos: que o alumnado coñeza como funcionan as tecnoloxías que nos rodean, despertar a súa curiosidade e mostrarlles as diferentes especialidades definidas no sistema universitario español no eido da Enxeñaría de Telecomunicación.
A semana do 7 ao 14 de febreiro, alumnado de primeiro de bacharelato de Francés, acompañado polas profesoras Dª Marta Estrada e Dª Ana Labrador, realizou un intercambio co Lycée Cours Fénelon de Toulon, Francia.
Os obxectivos principais do intercambio foron: mellorar a aprendizaxe da lingua francesa e o coñecemento da cultura francesa compartindo a vida en familias.
O 28 de Xaneiro, o alumnado de 4º E.S.O. B e C visitou a Misión Biolóxica de Galicia, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polas profesoras Isabel Martín e Olga Mijón. A saída tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven as liñas de investigación da M.B.G., un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas, que se ocupa do estudo dos principais cultivos galegos (vide, millo, grelos, especies forestais,…) empregando técnicas de biotecnoloxía vexetal.
O alumnado visitou as dependencias da MBG, recibindo diversa información sobre :
- A Historia do Centro e liñas de investigación que desenvolven na actualidade.
- Exposición sobre o Centro con paneis informativos e distinto instrumental empregado na fase de experimentación.
- Proxección dun documental sobre as plagas que afectan ás especies forestais (procesionaria e outros insectos herbívoros), información sobre os tratamentos que realizan para frear as pragas como a loita biolóxica.
- Visualización das zonas onde realizan os cultivos experimentais.
- Recibiron información sobre os compostos presentes en especies de brasicáceas como o repolo, berzas, brócoli. Observaron exemplares de Arabidopsis, unha planta empregada como modelo de investigación fitolóxica. Técnicas de selección xenética encamiñadas a obter variedades de brasicáceas resistentes a distintas plagas. Os distintos produtos comercializados en Galicia (grelos deshidratados, en conserva,…). Técnicas de conservación da semente, a importancia do banco de xermoplasma.
- Obtención de variedades de millo con maior rendemento e calidade empregando a diversidade xenética. A evolución do cultivo en Galicia, a conservación tradicional en hórreos e a creación dun banco de xermoplasma que contén sementes de 80 variedades de millo. Observación de mazarocas de distintas variedades (mazaroca de millo orixinario americano, de millo doce, millo para pensos, millo corvo,…). Información sobre as principais pragas que afectan a este cultivo, examinando mazarocas afectadas pola eiruga da trade.
O xoves 22 de xaneiro, os alumnos de 4º de ESO A visitamos a ESAD (“Escola Superior de Arte Dramático”) acompañados por Marta Estrada, a Vicedirectora, e por Marián Fernández, a nosa titora. Para nós, foi unha saída interesante e unha actividade moi productiva por diversos motivos:
O 18 de decembro, o alumnado de Relixión e máis alumnado voluntario de todos os cursos acompañados polas profesoras, dona Carmen Noceda, dona Susana Puente e dona Laura Rodríguez, realizaron un festival de Nadal nos Irmáns Misioneiros.
O 15 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato A e B acompañado polos profesores Don Juan Carlos Ares, Dona Mª José Iglesias e Dona Rosario Lucas, realizaron unha visita ao Ciqus e ao Observatorio Astronómico Ramón M. Aller en Santiago.
No Ciqus leváronse a cabo as seguintes actividades: visita a un laboratorio con demostracións e experimentos curiosos, experimento no laboratorio da sintetización da aspirina, visita aos laboratorios de instrumentación e explicación básica das técnicas de caracterización estructural.
Por outra banda no Observatorio Astronómico Ramón M. Aller falouse ao alumnado da Astronomía, observouse o ceo cun programa de simulación e mostráronse os telescopios.
O 28 de novembro o alumnado de Relixión acompañado pola profesora Dona Carmen Noceda participou na Gran Recollida de Alimentos nun centro comercial da cidade.
O 19 de novembro, os alumnos Jorge Pérez e Alberto Rodríguez de 3º ESO A, acompañados pola súa profesora de Ciencias, Dona Isabel Martín, participaron no congreso Galiciencia 2014.
O 11 de novembro o alumnado de 3º da ESO A e B foi á Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo (ARVI), acompañado polas profesoras Dª Marina González e Dª Pilar Vieites. Alí explicóuselles a función da Cooperativa. Visitou a exposición “El arte de pescar” onde se lle indicou cales son as tres artes de pesca máis representativas da frota galega e en que consisten. Rematou a visita cun percorrido polas instalacións do lavado de caixas de peixe e polos arredores do porto onde viu distintos barcos de pesca.
O 13 de novembro os nenos e nenas de terceiro da E.S.O visitaron o Auditorio do Centro Cívico.
O home e a muller que contaron os contos conectaron cosnosco dende o primeiro instante, contando a historia de forma amena e divertida.
Dixéronnos que fixeron as historias para una ONG que quería facer algo diferente.
O teatro tivo moito éxito é as historias imapactaronnos moito.
(Lucas Méndez Puga)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+