Pais/Nais
Saída á Creperie de Francés
admin — Mér, 29/06/2022 - 10:26
O luns 20, o alumnado matriculado en Francés de 4º ESO tivo unha saída didáctica organizada por Pilar Álvarez e Paz Orois, profesoras do departamento de Francés do centro. Foron á “La Marinière. Crêpes de Bretagne” na que tiveron un obradoiro no que lles explicaron en francés como facer creps.
Ofertas educativas en idiomas para o curso 2022-23
admin — Xov, 23/06/2022 - 09:00
No noso centro tes a oportunidade de estudar FRANCÉS e ALEMÁN como primeira lingua estranxeira, anímate é moi doado!
Charla Física Re-Creativa
admin — Mér, 22/06/2022 - 19:02
O luns 20 de xuño o alumnado de 3º ESO asistiu á charla “Física Re-Creativa” sobre algúns temas relacionados cos contidos da Física nos primeiros cursos dos graos en Enxeñería. A charla foi lúdica e práctico-experimental, para a comprensión de procesos naturais concretos a través da experimentación directa con materiais e obxectos cotiás. A actividade estivo a cargo dos profesores Goretti Castro, María de Álava e Xenxo Pérez do departamento de Física e Química. O relator foi José Benito Vázquez, profesor da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Charla Fluídos Divertidos
admin — Mér, 22/06/2022 - 18:46
O luns 20 de xuño o alumnado de Física e Química de 4º ESO asistiu á charla “Fluídos divertidos” na que participaron na realización de experimentos con fluídos. A actividade estivo a cargo da profesora Goretti Castro do departamento de Física e Química. O relator foi Eduardo Suárez, profesor da área de Mecánica de Fluídos da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.
Olimpíada Química
admin — Mér, 22/06/2022 - 13:46
O 15 de xuño celebrouse a Olimpíada de Química na que participou alumnado de 3º e 4º da ESO do centro. Foi unha experiencia moi interesante onde os equipos estaban formados por alumnado de distintos institutos. Foi unha mañá na que tiveron distintas probas tanto no exterior como nos laboratorios da Facultade de Química da Universidade de Vigo.
Visita Didáctica Ás Illas Cíes
admin — Mar, 21/06/2022 - 12:25
O 17 de xuño, o alumnado de 4º ESO A e B participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumos/as estiveron acompañados polas profesoras Andrea Rolo, Pilar Álvarez e Olga Mijón, Na visita didáctica ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia realizouse un percorrido guiado pola Illa de Monteagudo e a Illa do Faro. Durante o itinerario recibiron información en relación aos procesos da formación das rías, dunas, praias, cantís, formas do relevo, e sobre as colonias de aves, flora do parque e especies dos fondos mariños, salientando a importancia de preservar un espazo natural.
Obradoiro de RCP
admin — Lun, 20/06/2022 - 08:40
O día 8 de xuño, coincidindo coa inauguración do Congreso Nacional de Medicina de Urxencias e Emerxencias no Auditorio Mar de Vigo, celebrouse un obradoiro de Reanimación Cardiopulmonar ao que asistiu o noso alumnado de 3º ESO. A actividade estivo a cargo de Susana Puente, profesora do departamento de Educación Física e de Andrea Rolo, profesora do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. As dúas impartiron durante este curso clases de RCP no centro para o seu alumnado de Anatomía Aplicada e de Educación Física.
Día da diversidade
admin — Mér, 18/05/2022 - 23:17
O 17 de maio celébrase o día contra a LGTBI fobia así que o día 18 celebramos a II festa da Diversidade nos recreos, onde repartimos pulseiras, calcomanías, fixemos un photocall e unimos as nosas mans para loitar por un mundo máis xusto
Photocall da lingua
admin — Mér, 18/05/2022 - 19:49
O alumnado de 1º de bacharelato B e D, xunto co equipo de Lingualízate, preparou un photocall da lingua con mensaxes reivindicativas de apoio ao idioma, onde todo o que quixo veu facerse unha foto cun dos pequenos cartaces, para que quede claro que no noso instituto nos gusta o galego
Marcapáxinas das Letras
admin — Mér, 18/05/2022 - 19:30
A entrada do instituto encheuse estes días de pequenas mensaxes a prol da lingua galega, sobre a Nosa Terra ou de Florencio Delgado Gurriarán, para visualizar a importancia do noso idioma
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+