Pais/Nais
Saídas Extraescolares
O sábado 8 de abril, as alumnas Sara Ananín, Ana Riveiro e Sandra Souto acompañadas pola profesora Olga Mijón realizaron unha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. A saída tivo como obxectivo realizar unha práctica de campo da materia de Xeoloxía (2º Bacharelato). As alumnas visitaron distintas zonas da Illa de Monteagudo e da Illa do Faro que destacan desde o punto de vista xeolóxico, interpretando mapas e recoñecendo os principais elementos xeolóxicos do itinerario (falla, diques, alvéolos, pías, diaclasas, rampas de bolos, praias fósiles do periodo Eemiense, derrubios,….) e recibindo diversa información sobre a formación das Rías Baixas e das Illas Atlánticas, a constitución xeolóxica do Arquipélago das Illas Cíes, a evolución dos cantís, a formación das furnas, as unidades que forman o sistema barra-lagoon Lagoa dos Nenos, o complexo dunar do Muxieiro, as praias de Rodas, Figueiras, Areíña, a praia de cantos- Carracido, o tafoni Pedra da Campá, o proceso de reptación ou creep.
Por terceiro ano consecutivo alumnado de 4º ESO do I.E.S. Rosais 2 de Vigo gañou a final autonómica do V Rally de Científico Matemático na modalidade de Ciencias, celebrada o día 30 de Marzo en Santiago de Compostela.
Os compoñentes do equipo gañador son: Brais Castro Martín, Sofía Ferreiro Bello, Alberte Gil Gómez, Paula Imizcoz Domínguez, Víctor Irisarri Piñera, David Padín Pico, José Manuel Sierra Rey e Iñaki Zabala Villar.
O Rally é una competición organizada pola asociación IGACIENCIA para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
No mes de Xuño, representarán á comunidade galega na fase final do concurso que terá lugar en Toulouse (Francia) -organizado polo Institut de Recherche sur l’Ensaignement des Mathématiques e a Association de Professeurs de Mathématiques de l’Ensaignement Publique- acompañados polos profesores Juan Carlos Ares Rodríguez (Departamento de Física e Química) e Olga Mijón Pedreira (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) responsables da actividade.
O día 22 de marzo o alumnado de 2º Bach A e B que cursa Ciencias da Terra e do Medio Ambiente participou nas Xornadas da Auga, organizadas pola Vicerreitoría do Campus de Ourense con motivo do Día Mundial da Auga. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores Juan Carlos Ares e Olga Mijón.
A xornada de portas abertas reuniu a estudantes de educación secundaria e bacharelato de distintos Centros. A actividade tivo como obxectivo salientar a importancia da conservación dos recursos hídricos e consistiu en:
- Visitar os laboratorios de Microbioloxía, Bromatoloxía e Enxeñaría Química.
- Presentación das investigacións desenvolvidas no Campus da Auga sobre “A gobernanza internacional da Auga”, “Tratamento de efluentes agroindustriais” e “Informática aplicada”.
- Pósters sobre a redución do impacto contaminante da actividade humana sobre a auga.
- Entrega de premios da III Edición do Concurso fotográfico Campus da Auga-Scholaris “Auga, Ciencia e Desenvolvemento Sustentable”.
- Coñecer as diferentes titulacións que oferta a Universidade de Vigo no Campus da Auga (Ourense).
O 17 de Febreiro, o alumnado que cursa Bioloxía e Xeoloxía de 3º E.S.O. A e C visitou o Domus e a Casa das Ciencias en A Coruña, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores Isabel Martín, Eduardo González e Sonia Blanco. A saída tivo como obxectivo coñecer, dun modo interactivo e ameno, diferentes contidos científicos, relacionados co corpo humano e coa física de materiais e a astronomía. O alumnado visitou pola mañán a Domus ou Casa do Home, na que percorreron os seguintes módulos:
-Principais descubrimentos e avances xenéticos, con especial referencia á saúde humana.
-O crecemento e reproducción humana.
-Función de relación: receptores sensoriais, sistema nervioso e aparato locomotor.
-Interior dun modelo xigante de corazón humano.
-A evolución dos homínidos.
Despois da comida o alumnado achegouse ata a Casa das Ciencias, na que realizaron as seguintes actividades:
-Observación astronómica comentada no planetario, onde se representou un modelo do actual firmamento de Galicia, identificando diferentes corpos celestes e practicando métodos de orientación nocturna.
-Actividades interactivas de Física: movemento circular, péndulos, fluídos, ondas sonoras e experiencias de comportamento da luz.
O alumnado participou dun modo moi activo en tódalas actividades plantexadas, traballando en grupos pequenos, supervisados polo profesorado. Con posterioridade, elaborarán un informe da visita.
O 8 de Febreiro, o alumnado que cursa Bioloxía e Xeoloxía de 4º E.S.O. A, B e C visitou a Misión Biolóxica de Galicia, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores Eduardo González e Olga Mijón. A saída tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven as liñas de investigación da M.B.G., un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas, que se ocupa do estudo dos principais cultivos galegos (brásicas, vide, millo, especies forestais, leguminosas) empregando técnicas de biotecnoloxía vexetal.
O alumnado visitou as dependencias da MBG, recibindo diversa información sobre:
-
A Historia do Centro e liñas de investigación que desenvolven na actualidade.
-
Proxección de dous vídeos. O primerio sobre as plagas que afectan ás especies forestais (procesionaria e outros insectos herbívoros) e a loita biolóxica; e un segundo vídeo onde se reflícte o traballo do grupo de viticultura.
-
Visualización das zonas de campo onde realizan os cultivos experimentais.
-
Visitaron distintos laboratorios dotados de instrumental de xenética e microscopía. No laboratorio do grupo da vide o alumnado observou esporas de Mildiu, Oidium e Botrytis, fungos dañinos para a vide; ademáis de diversa información sobre un cultivo tan importante en Galicia, e as innovadoras aplicacións dos residuos producidos nas adegas para a formación de biocarbón, aceites, etc.
-
Recibiron información sobre os compostos presentes nas especies de brasicáceas como o repolo, berzas, coliflor. Técnicas de selección xenética encamiñadas a obter variedades de brasicáceas resistentes a distintas plagas. Os distintos produtos comercializados en Galicia (grelos deshidratados, en conserva,…). Observaron un cultivo de Xanthomonas campestris, bacteria causante da podremia do repolo e da que se obtén a goma xantana empregada nos chicles e para cociñar.
-
Coñeceron as técnicas de conservación das sementes, resaltando a importancia do banco de xermoplasma e visitaron o banco de sementes de leguminosas, que contén neste momento 2014 variedades (feixóns, xudión, chícharos, xudías).
-
Observación de mazarocas de distintas variedades de millo (mazaroca de millo orixinario americano, de millo doce, millo para pensos, millo corvo,…) e como se obteñen as variedades de millo con maior rendemento e calidade empregando a mellora xenética. Visualizaron de fotografías da electroforese de ADN de distintas variedades de millo, e información sobre o ciclo vital do taladro, plaga que afecta a este cultivo, examinando mazarocas e larvas do taladro.
En cada unha destas dependencias o persoal investigador guiou a visita, permitindo, dese xeito, que o alumnado coñecera de primeira man o traballo de investigación realizado. O alumnado aproveitou para facer numerosas preguntas ós investigadores, tanto de aspectos científicos como das facetas máis profesionais do seu labor.
O 11 de Outubro o alumnado de 1º E.S.O. participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e coa colaboración do Departamento de Relixión. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores Victoria Cobas, Olga Mijón, Eduardo González e Gabino Costas, a saída tivo como obxectivo ampliar coñecementos de forma creativa e práctica, visitando o Aquamuseum do Rio Miño en Vila Nova de Cerveira e a Catedral de Santa María en Tui.
No Aquamuseum do Rio Minho o alumnado profundizou no estudo do ecosistema fluvial, na primeira parte da visita observaron diversos acuarios que recrean a fauna piscícola, autóctona e introducida característica de cada etapa do curso do río e finalizando na zona do esteiro. As especies observadas despertaron moito interese desde esturións, gambusias, troitas, black bass, robalizas, sargos, linguados, sollas, etc. Ademáis recibiron información sobre os artes de pesca tradicionais que se empregaban na zona, e na visita tamén puideron disfrutar da presencia dunha lontra que está acollida no Centro.
A segunda parte da visita consistíu no desenvolvemento dunha práctica de laboratorio sobre o reino animal observando diversos espécimes de invertebrados e estruturas de vertebrados do medio mariño e terrestre.
En Tui, o profesor Gabino Costas, guiounos pola da Catedral de Santa Maria, obra iniciada no século XII, en pleno estilo románico e posteriormente continuada aplicando o estilo gótico como queda constatado na fachada principal. O templo alberga un importante museo catedralicio, un claustro considerado unha soberbia obra do gótico e desde os xardíns subindo a torre de Soutomaior contemplaron unha espectacular vista do río Miño.
O 13 de Maio, os alumnos de 4º ESO que gañaron a final autonómica do Rally de Ciencias e Matemáticas sen Fronteiras: Matthew Jones Vaqueiro, Alba Rosalía Lorenzo Alonso, Javier Martínez García-Picher, Belén Montenegro Viñas, María Pereira Louzao, Claudia Reigosa Pérez, Alberto Rodríguez Lorenzo e Luis Sampedro Moix representaron ao Centro na final internacional celebrada en Toulouse (Francia).
A proba foi organizada conxuntamente por Igaciencia e a Universidade Paul Sabatier.
A estancia en Toulouse permitíu coñecer a “Cité de l’espace”, un parque temático onde hai unha réplica do foguete Ariane 5, a nave Soyuz, a estación espacial Mir, o satélite Meteosat, o robot Curiosity que viaxou polo solo de Marte e diversas salas con exposicións interactivas e proxeccións de audiovisiais en 3D. Tamén visitamos o “Muséum d’Histoire Naturelle” que alberga un xardín botánico, unha importante representación de mostras xeolóxicas e biolóxicas, xunto con unha exposición dedicada ao xacemento paleontolóxico “Montréal-du-Gers”. Ademáis foi posible visitar a cidade medieval de Carcassone, declarada en 1997 Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Unha experiencia estupenda que foi posible grazas a Igaciencia, ao Concello de Vigo, ao noso Centro e as familias dos alumnos.
Fragmento da “Chanson du Rallye”: “Les mathématiques La Biologie, chimie et la physique Travail en équipe On cherche, on discute, c’est fantastique”
O 21 de abril alumnado de 3º de ESO acompañado das profesoras Dª Patricia Fernández e Dª Mª Ángeles Fernández recibiron ao alumnado do IES E. Blanco Amor de Ourense.
O 14 de abril alumnado da materia de TIC de 1º de bacharelato, acompañado pola profesora Dª Marta Estrada, participou no Obradoiro de Robótica organizado por IGACIENCIA na Fundación Barrié.
Por segundo ano consecutivo alumnado 4º ESO do I.E.S. Rosais 2 de Vigo gañou a final autonómica do Rally de Ciencias e Matemáticas sen Fronteiras na modalidade de Ciencias, celebrada o día 8 de Abril en Santiago de Compostela.
Os compoñentes do equipo gañador son: Matthew Jones Vaqueiro, Alba Rosalía Lorenzo Alonso, Javier Martínez García-Picher, Belén Montenegro Viñas, María Pereira Louzao, Claudia Reigosa Pérez, Alberto Rodríguez Lorenzo e Luis Sampedro Moix.
O Rally é una competición organizada pola asociación IGACIENCIA para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
O dia 13 de Maio, representarán á comunidade galega na fase final do concurso que terá lugar en Toulouse (Francia) acompañados polos profesores Juan Carlos Ares Rodríguez (Departamento de Física e Química) e Olga Mijón Pedreira (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) responsables da actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+