Pais/Nais
Saídas Extraescolares
I TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA FUNDACIÓN EDUCABARRIÉ
admin — Dom, 03/03/2019 - 22:50
O pasado 4 de febreiro un grupo de dez alumnas e alumnos que cursan a materia de Oratoria en 1ºESO - Chaltu Estévez, Rania Yousef, Martiño Álvarez, Silvia Bravo, Antía Castro, Gonzalo Fariñas, Carolina Moreno, Ana Yáñez, Mateo Sanmartín, Daniel Cruz - acompañados polas profesoras Dª Liliana Carro e Dª Teresa Blanco, tiveron a oportunidade de participar no I Torneo de Debate de Galicia organizado pola Fundación Barrié, que tivo lugar na súa sede de A Coruña. Ao longo dos dous meses previos, o alumnado recibiu formación relacionada coa elaboración de discursos argumentativos e cos elementos e a estructura dun debate. O alumnado recibirá un diploma acreditativo da súa participación no torneo. As súas profesoras felicítanos polo seu interese, a súa capacidade de traballo e polo seu compañerismo.
VISITA ÓS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES
admin — Dom, 03/03/2019 - 22:05
O 21 de Febreiro, o alumnado de 3º E.S.O. A , B e C visitou tres museos científicos interactivos- o Aquarium Finisterrae, a Domus e a Casa das Ciencias- en A Coruña, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores María González, Aleixandre Méndez, Olga Mijón e a lectora Brenna Cancilla. A saída tivo como obxectivo coñecer, dun modo interactivo e ameno, diferentes contidos científicos, relacionados co océano, o corpo humano e coa física de materiais e a astronomía
O 30 de Xaneiro 52 alumnos/as que cursan a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º E.S.O. A, B e C, realizaron unha visita didáctica á Misión Biolóxica de Galicia. Actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estivo acompañado polas profesoras Dª Olga Mijón e Dª María González. A saída didáctica tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven os grupos de investigación da M.B.G. (CSIC). O alumnado visitou as dependencias da M.B.G., recibindo diversa información aportada polos científicos, sobre: a Historia do Centro e as liñas de investigación que desenvolven na actualidade. Visualizaron as zonas onde realizan os cultivos experimentais e o banco de xermoplasma. Percorreron distintos laboratorios de investigación (grupo de viticultura, grupo de brásicas, grupo de xenética e mellora do millo, grupo de ecoloxía forestal, grupo de agrosistemas) dotados de instrumental de xenética e material de microscopía, dendrocronoloxía, coleccións de sementes, etc.
O 29 de xaneiro, o alumnado de 2º ESO A, B e C, visitaron o Parque Eólico Experimental de Sotavento (Lugo). A actividade foi organizada polo Departamento de Tecnoloxía e os 53 alumnos/as estiveron acompañados/as polas profesoras Dª Marina González e Dª Liliana Carro. Na visita guiada ó parque eólico o alumnado recibiu información sobre as distintas fontes de enerxía, as partes dun aeroxerador eólico, participaron nun xogo de pasapalabra con termos relacionados coas enerxías e tamén visitaron unha casa bioclimática, onde recibiron explicacións adaptadas o seu nivel académico sobre as medidas implantadas na vivenda para conseguir aforro enerxético.
O alumnado da materia de Oratoria de 1ºESO, o 16 de xaneiro, acompañado polas súas profesoras Liliana Carro e Teresa Blanco, tivo a oportunidade de coñecer o Parlamento de Galicia e a sede da Xunta en Santiago de Compostela co programa Coñece as túas institucións. Na visita guiada que realizaron aprenderon cales son as funcións de ambos organismos dunha maneira lúdica e participativa a través do simulacro dun debate parlamentario, unha rolda de prensa, unha reunión dun grupo parlamentario e unha reunión de conselleiros e conselleiras. Resultou unha experiencia moi interesante que lles permitiu comprender a importancia da práctica da Oratoria e do debate no eido político e social.
O xoves 20 de decembro, 67 alumnos/as de 1º ESO A, B e C, disfrutaron patinando sobre xeo na pista situada en Samil. A actividade estivo organizada polo Departamento de Educación Física e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Dª Susana Puente, Dª Liliana Carro e Dª Almudena Carro.
O luns 17 de decembro, 62 alumnos/as de 1º ESO A, B e C, acudiron a representación teatral, no auditorio do IES República Oriental do Uruguai, da obra LEONARDO E OS FONTANEIROS, que forma parte das lecturas da materia de Lingua Galega el Literatura de 1º de ESO. A actividade estivo organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura en coordinación coa Editorial Galaxia. O alumnado estivo acompañado polas profesoras Dª Sabela Lado e Dª Liliana Carro.
Como en anos anteriores, o día 28 de novembro, o alumnado de segundo de bacharelato A e B, acompañados por D. Juan Carlos Ares e Dª Charo Lucas, visitaron as instalacións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller Ulloa e o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A visita ao Observatorio aportou información sobre a vida e obra do astrónomo lalinense Ramón María Aller e permitiu coñecer o instrumental científico do centro astronómico: tipos de telescopios astronómicos e o seu funcionamento, emprego doutros instrumentos coma o heliógrafo ou o reloxo atómico de cesio.
O alumnado tamén recibiu información sobre a actividade científica e investigadora do centro: estudo de estrelas dobres e exoplanetas, observación de bólidos, colaboración coa Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) rexistrando os datos meteorolóxicos, ademais de abordar outros temas moi interesantes como a búsqueda de vida no universo, o emprego de sondas, as alineacións planetarias, etc.
No CIQUS o alumnado foi informado da labor investigadora do centro e levou a cabo o desenvolvemento dun sinxelo experimento de síntese no laboratorio coa supervisión de persoal especializado. A experiencia consistiu na a obtención de paracetamol.
Para a caracterización do produto obtido utilizáronse técnicas de análise e de determinación estrutural nos laboratorios de instrumentación do centro, tales como, cromatografía de gases e de capa fina, espectroscopía IR e RMN, e o alumnado recibiu as explicacións básicas necesarias.
Ademais o grupo tivo a oportunidade de conversar con investigadoras e investigadores recentes, sobre a carreira científica e as oportunidades profesionais unha vez finalizados os estudos universitarios de Química.
Os días 20 e 27 de novembro alumnado de 4º ESO A, B, C, 1º Bacharelato B e C, asistiron a proxección da película “"Bohemian Rhapsody" en V.O. inglés nos Multicines Norte. Actividade organizada polos Departamentos de Música e Inglés. Os alumnos/as estiveron acompañados por profesorado de ambos Departamentos.
O 18 de Outubro o alumnado de 1º E.S.O. participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polas profesoras Olga Mijón, Concepción Pérez, María González, María Otero, Victoria Cobas e a lectora Brenna Cancilla, a saída tivo como obxectivo ampliar coñecementos de forma práctica, visitando o Aquamuseu do Rio Miño en Vila Nova de Cerveira e a Catedral de Santa María en Tui.
En Tui realizamos unha visita guiada pola Catedral de Santa Maria, obra iniciada no século XII, en pleno estilo románico e posteriormente continuada aplicando o estilo gótico como queda constatado na fachada principal. O templo alberga un importante museo catedralicio, un claustro considerado unha soberbia obra do gótico e desde os xardíns contemplaron unha espectacular vista do río Miño.
No Aquamuseu do Rio Minho o alumnado profundizou no estudo do ecosistema fluvial, a visita constou de dúas partes. Na primeira parte da visita observaron diversos acuarios que recrean a fauna piscícola, autóctona e introducida característica de cada etapa do curso do río, finalizando na zona do esteiro. As especies observadas despertaron moito interese desde troitas, carpas, esturións, anguias, peixes mosquito, robalizas, sargos, sollas, etc. Ademáis recibiron información sobre os artes de pesca tradicionais que se empregaban na zona, e na visita tamén puideron observar unha lontra que está acollida no Centro. A segunda parte da visita consistíu no desenvolvemento dunha práctica de laboratorio sobre o estudo de macroinvertebrados como bioindicadores da calidade da auga, o alumnado identificou larvas de odonatos, dípteros, tricópteros, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+