Pais/Nais
Charla Orgullo Galego
admin — Lun, 15/05/2023 - 17:21
O alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha charla de Borxa, representante de Orgullo Galego, que nos falou sobre a relación da lingua e as redes sociais e como o galego abre moitas portas. Foi ben interesante!
Teatro: “La Celestina”
admin — Mar, 09/05/2023 - 11:45
O 19 de abril o alumnado de 3º ESO asistiu á obra de teatro "La Celestina" e a un coloquio posterior na Sala Ártika. A actividade foi organizada por Rosa Iglesias, profesora do departamento de Lingua Castelá e Literatura do instituto
Quedamos no palco, quedamos coa clásica
admin — Mar, 09/05/2023 - 11:43
O Teatro Afundación de Vigo ofrece aos centros educativos da ESO e Bacharelato esta actividade para que o alumnado poda asistir a concertos de música clásica gratuítos. O alumnado do centro interesado tivo a oportunidade de ir ao longo do curso en varias ocasións. Durante este curso asistiron a concertos da Orquesta Sinfónica de Galicia e da Real Filharmonía de Galicia. A actividade está organizada por Laura Rodríguez, profesora do departamento de Música.
Visita a EDAR de Vigo
admin — Mar, 09/05/2023 - 11:39
O 25 de abril, o alumnado da materia de Ciencias da Terra e do Medioambiente de segundo de bacharelato visitou as instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais do Lagares (Vigo). Alí, o persoal técnico impartiu unha charla onde explicaron o funcionamento da depuradora e os diferentes pasos e tratamentos aos que se somete a auga residual que entra na estación ata que se emite á ría.
Posteriormente, levouse a cabo unha vista guiada polas instalacións onde puideron comprobar de primeira man o funcionamento do complexo.
A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Publicación das listas de admitidos
admin — Mér, 26/04/2023 - 09:47
Pódense consultar as listas de admitidos na aplicación web admisiónalumnado. No taboleiro do centro tamén están expostas as listas de admitidos e excluídos.
Poderáse presentar reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do 25 de abril ante o consello escolar. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.
Para cumprir coa lei de protección de datos, pregamos non fagan fotografías ás listas.
Calendario exames 2º BACH convocatoria ordinaria
admin — Lun, 17/04/2023 - 12:29
Estudo do intermareal: Praia da punta
admin — Mér, 22/03/2023 - 14:08
O 1 de marzo o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato que participa no Club de Ciencias realizou unha visita didáctica guiada polo profesorado do departamento de Bioloxía e Xeoloxía á Praia da Punta no litoral de Teis. Foi unha xornada de traballo moi intensa que incluía os seguintes obxectivos: estudo da zonación intermareal, o modelado litoral, a formación da area, identificación de macroalgas e o recoñecemento das especies máis características do intermareal rochoso, comprobando a elevada biodiversidade presente na franxa intermareal sometida ó réxime de mareas
8M un día para reivindicar
admin — Mér, 08/03/2023 - 22:05
Un día para revindicar, porque estamos fartas de non ter os mesmos dereitos. Iso é o que nos din neste pequeno vídeo dúas rapazas de 1º Bach., rapazas coma elas forxan o futuro.
Exposición "Día de Rosalía"
admin — Lun, 06/03/2023 - 14:02
Este ano para celebrar o día de Rosalía a Asociación de Escritores en lingua galega propúxonos escribir os nosos propios poemas, relatos... denunciando a sociedade que nos rodea, tal e como fixo ela na súa escrita, especialmente no poema "A xustiza pola man". O alumnado de 1º Bach B demostrounos que están comprometidos co noso mundo, e que con pequenos pasos seremos quen de cambialo.
Contacontos camerunés visita o noso centro
admin — Lun, 06/03/2023 - 09:05
O pasado 1 de marzo, o Departamento de Francés organizou para o alumnado de 1º e 2º da ESO unha actividade chamada “Conte avec moi”. Samuel Mountoumnjou, contacontos camerunés, visitounos e, grazas á súa elocuencia, conseguiu que os rapaces e rapazas se metesen nas historias tradicionais que narrou. O alumnado puido gozar durante 50 minutos desta experiencia nova na que, ademais de practicar a comprensión oral, interactuaron con Samuel demostrando as súas dotes interpretativas. Unha vez máis, grazas a todos por facer desta unha actividade moi agradable. Quero facer unha mención especial ao alumnado de 2º de Bacharelato que asistiu de maneira improvisada á actividade pero amosou moi boa disposición para saír voluntario e participar das narracións.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+