Pais/Nais
A semana do 28 de febreiro ao 7 de marzo, alumnado de terceiro da ESO de alemán, acompañado polas profesoras Dª Marta Estrada e Dª María Otero, realizou un intercambio co Luise Büchner Schule en Gross Gerau, Alemania.
Os obxectivos principais do intercambio foron: mellorar a aprendizaxe da lingua alemá e o coñocemento da cultura alemá compartindo a vida en familias.
O 9 de marzo continuando co ciclo de charlas de formación profesional organizouse a charla-coloquio "Mobilidade no estranxeiro”.
O 25 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato A e B da materia de TIC, acompañado pola profesora Dª Marta Estrada, realizou unha visita a ETS de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.
Alí realizouse o obradoiro “Seguridade” dirixido polo profesor titular da escola Dr. Raúl Rodríguez Rubio.
O obradoiro tiña como obxectivos: que o alumnado coñeza como funcionan as tecnoloxías que nos rodean, despertar a súa curiosidade e mostrarlles as diferentes especialidades definidas no sistema universitario español no eido da Enxeñaría de Telecomunicación.
A semana do 7 ao 14 de febreiro, alumnado de primeiro de bacharelato de Francés, acompañado polas profesoras Dª Marta Estrada e Dª Ana Labrador, realizou un intercambio co Lycée Cours Fénelon de Toulon, Francia.
Os obxectivos principais do intercambio foron: mellorar a aprendizaxe da lingua francesa e o coñecemento da cultura francesa compartindo a vida en familias.
O 23 de febreiro continuando co ciclo de charlas de formación profesional organizouse a charla-coloquio "Fisioterapia: Titulación e desenvolvemento profesional”.
D.David Parada Leiros, Fisioterapeuta deportivo e especialista en Nutrición, foi o relator da mesma.
O 20 de febreiro organizouse o charla-coloquio "Navega con rumbol" para o alumnado de 1º de Bacharelato.
“O obxectivo da charla é dar pautas para que o alumnado navege por internet con seguridade, evitando riscos como: o ciberacoso, catphishing, sexting e outros”
Juan Luis Hermo, enxeñeiro informático, foi o relator da mesma.
O noso centro participou un ano máis no concurso de Spelling Bee organizado por School House.
A nosa representante de 3º ESO A, Alejandra Amaro, resultou gañadora obtendo o primeiro premio que consiste nunha estanza lingüística en Canadá durante un mes a cargo de School House.
Alejandra preparou a conciencia a pronunciación de centos de palabras inglesas, coa inestimable axuda da nosa Axudante Lingüística, Charina Deausen.
CONGRATULATIONS!
O departamento de inglés do IES ROSAIS2, organizou un ano máis, por gentileza de Newlink, os Encontros con Nativos para estudantes de 2º e 3º ESO.
Os días 10, 12 e 13 de febreiro de 2015 os alumnos de 2ºB, 2ºC e 3ºC ESO asistiron ás conferencias de Lisa (de Irlanda) e Kevin ( de USA) que lles falaron sobre : The Cosmos and California Dreaming.
O 28 de Xaneiro, o alumnado de 4º E.S.O. B e C visitou a Misión Biolóxica de Galicia, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polas profesoras Isabel Martín e Olga Mijón. A saída tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven as liñas de investigación da M.B.G., un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas, que se ocupa do estudo dos principais cultivos galegos (vide, millo, grelos, especies forestais,…) empregando técnicas de biotecnoloxía vexetal.
O alumnado visitou as dependencias da MBG, recibindo diversa información sobre :
- A Historia do Centro e liñas de investigación que desenvolven na actualidade.
- Exposición sobre o Centro con paneis informativos e distinto instrumental empregado na fase de experimentación.
- Proxección dun documental sobre as plagas que afectan ás especies forestais (procesionaria e outros insectos herbívoros), información sobre os tratamentos que realizan para frear as pragas como a loita biolóxica.
- Visualización das zonas onde realizan os cultivos experimentais.
- Recibiron información sobre os compostos presentes en especies de brasicáceas como o repolo, berzas, brócoli. Observaron exemplares de Arabidopsis, unha planta empregada como modelo de investigación fitolóxica. Técnicas de selección xenética encamiñadas a obter variedades de brasicáceas resistentes a distintas plagas. Os distintos produtos comercializados en Galicia (grelos deshidratados, en conserva,…). Técnicas de conservación da semente, a importancia do banco de xermoplasma.
- Obtención de variedades de millo con maior rendemento e calidade empregando a diversidade xenética. A evolución do cultivo en Galicia, a conservación tradicional en hórreos e a creación dun banco de xermoplasma que contén sementes de 80 variedades de millo. Observación de mazarocas de distintas variedades (mazaroca de millo orixinario americano, de millo doce, millo para pensos, millo corvo,…). Información sobre as principais pragas que afectan a este cultivo, examinando mazarocas afectadas pola eiruga da trade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+