Pais/Nais
Na segunda semana de xuño realizouse una exposición de fotos realizadas polo alumnado de TIC.
O 22 de Maio, os alumnos de 4º ESO que gañaron a final autonómica do Rally de Ciencias: Antonio Bandeira Martínez, David Búa Teijeiro, Sabela Corral Canda, Irea García Fernández, Hugo Martínez Rey, Mª Uxía Miranda Martínez e Héctor Santorum Ruiz, representaron ao Centro na final internacional do Rally Científico sen Fronteiras celebrada en Toulouse (Francia). A proba foi organizada conxuntamente por Igaciencia e a Universidade Paul Sabatier. Os alumnos competiron formando equipo co resto de gañadores autonómicos do Rally Matemático - IES A Sangriña (A Guarda), IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) - e conseguiron gañar o concurso.
A viaxe tamén permitíu coñecer a “Cité de l’espace” un parque temático situado en Toulouse onde hai unha réplica da nave espacial Ariane 5, a nave Soyuz, a estación espacial Mir, o satélite Meteosat, o robot Curiosity que viaxou polo solo de Marte e diversas salas con exposicións interactivas e proxeccións de audiovisiais en 3D. Ademáis foi posible visitar a cidade medieval de Carcassone, declarada en 1997 Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Unha experiencia estupenda que foi posible grazas a Igaciencia, ao Concello de Vigo, ao noso Centro e as familias dos alumnos.
Fragmento da “Chanson du Rallye”:
“Les mathématiques
La Biologie, chimie et la physique
Travail en équipe
On cherche, on discute, c’est fantastique”
Os días 22 e 23 de maio o alumnado de 3º ESO, acompañado polas profesoras Dª Marta Estrada e Dª Luisa González, realizaron una excursión a Quiroga.
O alumnado de 3º ESO A e C, acompañado polas profesoras Dª Ana Cosme e Dª Mª Antonia Pascual, participaron, un ano mais, na realización de esculturas na area na praia da Lanzada.
Formaronse equipos e construíron castelos na area.
Moitas grazas aos organizadores por facer posible esta actividade.
Co motivo do Día das Letras Galegas a profesora Dª Ana Gago organizou unha exposicón de carteis co alumnado de 1º Bacharelato.
O venres 15, co motivo do Día das Letras Galegas, actuou o coro formado por alumnado de 3º ESO e 4º ESO e dirixido pola profesora Dª Laura Rodríguez.
Realizouse a campaña do Comercio xusto durante a semana do 11 ao 15 de maio na cafetaría do Centro co motivo do Día Internacional do Comercio Xusto (11 maio).
O 14 de maio realizouse unha unidade didáctica da película Enrugas en 2º ESO A, B e C.
A actividade realizouse coa colaboración da asociación AFAGA.
O 13 de Maio, o alumnado de 1º Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía visitou o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, acompañados polas profesoras Isabel Martín e Olga Mijón nunha saída organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
O obxectivo era coñecer as novas instalacións do Museo, realizando un percorrido guiado polos distintas salas, observando os dioramas que representan os ecosistemas de augas continentais, bosque morno, os cantís atlánticos; observando a colección de malacoloxía; a colección de Minerais, rochas, fósiles e meteoritos e incluso a fauna máis característica da selva sudamericana e da sabana africana.
O 7 de maio o alumnado de 2º ESO, acompañado polos profesores/as D. Casto Fernández, D. Xesús Oreiro, Dª Laura Rodríguez e D. Matías Rodríguez, asistiu á proxección da película Enrugas na Fundación Barrié.
A actividade realizouse coa colaboración da asociación AFAGA.
O obxectivo era achegar de forma dinámica e didáctica a realidade das persoas que sofren alzheimer aos máis novos da casa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+