Pais/Nais
Para conmemorar o 23 de abril de 2018, Día Internacional do Libro (Unesco, 1995), o profesor de Lingua castelá e Literatura, Jacinto Barreiro, impartiu unha conferencia, Apuntamentos literarios sobre O Quixote, que aproximou de forma didáctica e amena aos alumnos de 1ª de Bacharelato a esta obra esencial da Literatura Universal. Das exhaustivas reflexións expostas polo relator destacamos especialmente una: «O Quixote non é unicamente unha novela, é un manual para a vida».
O 24 de Xaneiro, un grupo de 52 alumnos/as que cursan Bioloxía e Xeoloxía (4º E.S.O. A, B e C) visitou a Misión Biolóxica de Galicia, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estivo acompañado polas profesoras Olga Mijón e Victoria Cobas. A saída didáctica tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven os grupos de investigación da M.B.G., un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas, que se ocupa do estudo dos principais cultivos galegos (brásicas, vide, millo, especies forestais, leguminosas).
O alumnado visitou as dependencias da M.B.G., recibindo diversa información aportada polos científicos, sobre:
A Historia do Centro e liñas de investigación que desenvolven na actualidade.
Visualización das zonas de campo (10ha) onde realizan os cultivos experimentais.
Visitaron distintos laboratorios dotados de instrumental de xenética e microscopía.
Observación e cálculo do índice de herbivoría nas follas dos carballos e sobreiras. A utilización da dendrocronoloxía para datar árbores e nocións sobre a loita biolóxica das árbores na defensa de plagas.
Recibiron información sobre os compostos presentes nas especies de brasicáceas como o repolo, berzas, coliflor. Técnicas de selección xenética encamiñadas a obter variedades de brasicáceas resistentes a distintas plagas. Os distintos produtos comercializados en Galicia (grelos deshidratados, en conserva,…).
Coñeceron as técnicas de conservación das sementes, resaltando a importancia do banco de xermoplasma e visitaron o banco de sementes de leguminosas, que contén neste momento 2014 variedades (feixóns, xudión, chícharos, xudías,…).
Observación de mazarocas de distintas variedades de millo (mazaroca de millo orixinario americano, de millo doce, millo para pensos, millo corvo,…) e como se obteñen as variedades de millo con maior rendemento e calidade empregando a mellora xenética. Información sobre o ciclo vital do taladro, plaga que afecta a este cultivo, examinando mazarocas afectadas, larvas do taladro e mariposas.
O alumnado de música acompañado polos profesores D. Xesús Oreiro e Dª Laura Rodriguez visitou no Museo do Mar de Vigo a exposición do Pergameo Vindel.
O día 30 de novembro, o alumnado de 2º de bacharelato A e B, acompañados por D. Juan Carlos Ares e Dª Charo Lucas, visitaron as instalacións do Observatorio Astronómico Ramón María Aller Ulloa e o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Este ano o grupo foi acollido na Facultade de Química onde recibiu información sobre os plans de estudos do centro e visitou os laboratorios do departamento de Química Analítica, onde o alumnado puido coñecer algunhas investigacións deste departamento e, ao mesmo tempo, determinadas técnicas de análise instrumental: cromatografía de gases, cromatografía líquida de alta presión (HPLC), espectrometría de masas.
Como en anos anteriores, a visita ao Observatorio aportou información sobre a vida e obra do astrónomo lalinense Ramón María Aller, permitiu coñecer o instrumental científico do centro astronómico (tipos de telescopios astronómicos e o seu funcionamento, emprego doutros instrumentos coma o heliógrafo ou o reloxo atómico de cesio) e a súa actividade científica e investigadora: estudo de estrelas dobres e exoplanetas, observación de bólidos, colaboración coa Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) rexistrando os datos meteorolóxicos, ademais de abordar outros temas moi interesantes como a búsqueda de vida no universo, o emprego de sondas, as alineacións planetarias, etc.
No CIQUS o alumnado foi informado da labor investigadora do centro e levou a cabo o proceso de síntese de paracetamol. Para a caracterización do produto obtido utilizáronse técnicas de análise e de determinación estrutural nos laboratorios de instrumentación do centro: cromatografía de gases, espectroscopía IR e RMN. Para este fin, o alumnado recibiu as explicacións básicas necesarias e participou na preparación das mostras e na análise posterior dos resultados.
Ademais o grupo presenciou algúns experimentos curiosos de química: reaccións oscilantes, ensaio de Tollens, polimerizacións, identificación de olores e experiencias con N2 líquido e xeo seco.
O 19 de Outubro o alumnado de 1º E.S.O. participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores/as Victoria Cobas, Olga Mijón, Eduardo González e María Otero, a saída tivo como obxectivo ampliar coñecementos de forma práctica, visitando o Aquamuseum do Rio Miño en Vila Nova de Cerveira e a Catedral de Santa María en Tui.
No Aquamuseum do Rio Minho o alumnado profundizou no estudo do ecosistema fluvial, na primeira parte da visita observaron diversos acuarios que recrean a fauna piscícola, autóctona e introducida característica de cada etapa do curso do río e finalizando na zona do esteiro. As especies observadas despertaron moito interese desde esturións, anguias, peixes mosquito, troitas, carpas, robalizas, sargos, linguados, sollas, etc. Ademáis recibiron información sobre os artes de pesca tradicionais que se empregaban na zona, e na visita tamén puideron observar unha lontra que está acollida no Centro.
A segunda parte da visita consistíu no desenvolvemento dunha práctica de laboratorio sobre o reino animal observando diversos espécimes de invertebrados e estruturas de vertebrados do medio mariño e terrestre.
En Tui realizamos unha visita guiada pola Catedral de Santa Maria, obra iniciada no século XII, en pleno estilo románico e posteriormente continuada aplicando o estilo gótico como queda constatado na fachada principal. O templo alberga un importante museo catedralicio, un claustro considerado unha soberbia obra do gótico e desde os xardíns contemplaron unha espectacular vista do río Miño.
Alumnado do IES Rosais 2, tras gañar a final autonómica do V Rally de Ciencias, participou por terceiro ano consecutivo na final internacional organizada polo Institut de Recherche pour l’Enseignement des Sciencies en colaboración con Igaciencia. A proba realizouse o 2 de Xuño na Universidade Paul Sabatier Toulouse III. O equipo de 4º ESO que representou ao Centro na final internacional en Francia, estivo formado por: Brais Castro Martín, Sofía Ferreiro Bello, Alberte Gil Gómez, Víctor Irisarri Piñera, David Padín Pico, Sara Rivas Pereira, José Manuel Sierra Rey e Iñaki Zabala Villar.
A estancia en Toulouse permitíu observar a arquitectura característica de Toulouse e algúns edificios emblemáticos como a Basilique Saint Sernin, o Museé des Augustines, a Place du Capitole, a Pont Saint-Pierre, e a visita o Muséum d’Histoire Naturelle que alberga en 3000 m2 de exposición unha importante representación de mostras xeolóxicas, biolóxicas e un xardín botánico, que mostran a relación entre o ser humano, a natureza e a contorna. Ademáis foi posible visitar a Cité Médievale de Carcassone, declarada en 1997 Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Unha experiencia estupenda que foi posible grazas a Igaciencia, ao Concello de Vigo, ao noso Centro e as familias do alumnado.
Fragmento da “Chanson du Rallye”:
“Les mathématiques
La Biologie, chimie et la physique
Travail en équipe
On cherche, on discute, c’est fantastique”
O alumnado de 1º Bacharelato A e C fixo unha exposición de Marcapáxinas e o de 4º ESO B de Caligramas coa obra de Casares.
A exposición estivo organizada pola profesora dona Ana Gago.
O 9 de maio o investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas D. Luis Sampedro Pérez impartíu unha charla organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía dirixida o alumnado de 1º Bacharelato que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía.
O relator viaxou recentemente ó continente antártico participando nun proxecto científico da Universidade de Vigo “Procesos ecolóxicos e bioxeoquímicos asociados á descomposición de algas intermareais sedimentarios de Porto Foster, Illa Decepción, Antártida”. O estudo levado a cabo servirá para interpretar os cambios que se producen na Antártida relacionados co quecemento global do planeta.
A semana do 24 ao 28 de abril, coincidindo coa celebración do día internacional do libro, don David Faro Domínguez, profesor do departamento de Historia, procedeu a montar na sala de profesores un pequeno mercadillo con libros usados ou de segunda man donados por algúns dos profesores, coa finalidade de recaudar diñeiro para unha boa causa.
Neste caso, todo o conseguido foi doado a Cáritas-Vigo a través da figura de D. Jaime Barrecheguren Beltrán, antiguo compañeiro e xefe de estudos do centro. Foi unha boa maneira de celebrar un día especial para os amantes da lectura.
Ó longo do mes de abril, o alumnado que cursa Bioloxía e Xeoloxía de 4º E.S.O. participou nun “Obradoiro de Voluntariado Medioambiental” que tiña como obxectivo sensibilizar sobre a problemática dos impactos ambientais e a súa recuperación mediante accións de voluntariado. A actividade estaba integrada dentro do programa Voznatura, patrocinado polo xornal “La Voz de Galicia” e constou das seguintes actuacións:
O xoves 6/4/17, o biólogo da Asociación Fontaíña, Diego Rodríguez Vieites, impartiu una charla no instituto sobre o voluntariado medioambiental.
Posteriormente, o mércores 19/4/17 realizouse una xornada de limpeza de residuos sólidos no espazo natural da Xunqueira do Lagares (Coruxo-Vigo), unha marisma de importante valor ecolóxico a nivel local. O alumnado estivo acompañado por monitores da Asociación Fontaíña e polos profesores do Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía, Olga Mijón Pedreira e Eduardo González Martínez.
O alumnado participou dun modo moi activo na xornada de limpeza, retirándose un total de 90 kg de residuos deste importante espazo natural. Durante a mañá, autoridades do Concello de Vigo, Xunta de Galicia, representantes de La Voz de Galicia e Voznatura achegáronse á Xunqueira do Lagares para felicitar ó alumnado do IES Rosais 2 polo seu esforzo e compromiso na defensa do medio ambiente.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+