Pais/Nais
Exposicións
Por primeira vez propuxemos a os alumnos de 3º ESO A,B,C e 4º ESO A,B a realización do seu autorretrato, unha actividade que a maioría non se vía con forzas para realizalo.
Cando comezaron a aparecer debuxos terminados foi unha sorpresa; os grupos participaron coa axuda de fotografías actuais propias, da súa infancia ou de os seus familiares. Logo, e coa cercanía do "día da nai" todos quixeron obsequiar a súas nais con este detalle que non esperaban.
En esta actividade, baixo a direción do Departamento de Educación Plástica e Visual valorouse o debuxo, o tono da cor, a saturación, o valor da cor e o de claroscuro (sombras) así como as distintas características da liña.
Na semana do 18 de marzo inaugurouse no noso Centro, un ano máis, a “Feira do gravado”, actividade organizada pola profesora María Antonia Pascual, do Departamento de Plástica, coordinadora do seu alumnado colaborador de 3º e 4º de ESO.
Nesta actividade, que se leva xa realizando uns cursos, o alumnado confecciona planchas que posteriormente servirán para facer impresións sobre papel, e hai que dicir que o resultado é atractivo e mesmo en ocasións brillante. As cores e os deseños, desde logo, non deixan indiferentes.
Ata agora, dun xeito informal, víñase agasallando a algúns dos nosos visitantes con obras saídas deste “prelo” particular. A partir deste curso, e xa como algo institucionalizado, o alumnado realizará modelos dalgunhas planchas seleccionadas para, baixo a dirección da súa profesora, agasallar a conferenciantes e visitas con estas “probas de artista” tan ben recibidas e que a eles tanta ilusión lles fai. Por certo: animádevos, os artistas puxeron as súas obras ao baixísimo prezo de 2 euros!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+