Pais/Nais
Teatro: “Golfa”
admin — Mér, 22/11/2023 - 11:27
O alumnado de 4º ESO asistiu o 30 de outubro á obra de teatro “Golfa” no Teatro Afundación. A obra trata o acoso virtual despois dunha relación de parella truncada. A actividade organizouna o Departamento de Orientación do instituto.
VISITA DIDÁCTICA AO LAGO DE SANABRIA-CENTRO DO LOBO IBÉRICO E COVA DE VALPORQUERO
admin — Xov, 09/11/2023 - 13:12
O alumnado de 1º de bacharelato, grupos A e B, que cursa a materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, os días 2 e 3 de novembro realizou unha viaxe didáctica, acompañado polos profesores Raúl Matos e Olga Mijón do Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía. Os obxectivos da actividade en relación ás tres áreas que aborda a materia, foron resaltar a importancia da protección de espazos naturais, a conservación da biodiversidade e o estudo xeomorfolóxico do territorio observando formacións derivadas do modelado glaciar e Kárstico.
Visitáronse dous centros de interpretación, con visita guiada polas exposicións e recintos: a Casa Parque do Lago de Sanabria en Zamora onde coñeceron a formación dun lago glaciar, as súas características e as especies que presenta. Visitouse brevemente o Lago de Sanabria xa que as condicións meteorolóxicas eran moi desfavorables. O Centro do lobo ibérico Félix Rodríguez de la Fuente (Robledo, Zamora) onde recibiron información sobre o ciclo vital desta emblemática especie, o seu comportamento, o estatus da especie, e ademáis observaron varios exemplares de lobo ibérico en réxime de semi-liberdade.
Tamén se realizou unha visita guiada a fermosa Cova de Valpoquero en León, visualizando as formas endokársticas, e o profesorado no percorrido achegou datos xeolóxicos en relación as formas exokársticas e puido observarse unha zona con fósiles da era Paleozoica que explican a historia xeolóxica da Península Ibérica.
Actividades Extrescolares 23-24
admin — Dom, 17/09/2023 - 20:49
Coa intención de completar o ensino recibido polo noso alumnado vimos desenvolvendo no noso centro un programa de actividades extraescolares que se levan a cabo fóra das horas lectivas durante todo o período escolar. Dado que xa están en preparación, informámolos dos prezos e días das actividades para o alumnado que teña interese en asistir a elas no arquivo seguinte:
Vales axuda material escolar
admin — Xov, 31/08/2023 - 20:55
Os vales de axuda para material escolar poderán recollerse a partir do 1 de setembro de 2023 en horario de 9:00 a 13:00. Os vales deberán ser recollidos polos proxenitores ou un adulto debidamente autorizado.
Fondolibros 23-24
admin — Mar, 18/07/2023 - 10:01
A lista da adxudicación definitiva pódese consultar na aplicación fondolibros a partir do 26 de xullo. A lista estará exposta na entrada do centro a partir do día 27 de xullo.
Na lista aparecerán as materias adxudicadas.
Graduación 2022-23
admin — Lun, 26/06/2023 - 12:59
Aquí tedes unhas fotografías da graduación dos alumnos de 2º de bacharelato do curso 2022-23
Visita didáctica ao parque nacional das illas atlánticas de Galicia: illas cíes
admin — Mar, 06/06/2023 - 10:59
O 29 de maio, o alumnado de 4º ESO A e B acompañado polo profesorado do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha actividade didáctica que tivo como obxectivo coñecer e resaltar a importancia de preservar este espazo natural protexido. Durante o percorrido da visita guiada polas illas de Monteagudo e a Illa do Faro recibiron diversa información en relación á formación das Rías Baixas e as Illas Cíes, a litoloxía do arquipélago, a formación das furnas, os cantís, diferentes tipos de praias Rodas e Figueiras, o sistema barra-lagoon Lagoa dos Nenos, praia fósil do período Eemiense, o complexo dunar do Muxieiro, o tafoni Pedra da Campá, as pías do Alto do Príncipe, e sobre a fauna do Parque destacando as colonias de aves mariñas e as especies do fondo mariño, e a flora dunar e endemismos.
Visita á facultade de química da universidade de Vigo 2023
admin — Dom, 28/05/2023 - 09:26
O pasado 3 de maio, o alumnado de Física e Química de 1º de Bacharelato participou nunha visita á Facultade de Química da Universidade de Vigo. Na visita, ademais da parte teórica, participaron en experimentos nos laboratorios da facultade. A actividade foi organizada por María del Carmen Costas Lago, profesora do departamento de Física e Química do instituto.
Visita ao parque arqueolóxico da arte rupestre campo lameiro
admin — Dom, 28/05/2023 - 09:22
O pasado 3 de maio, o alumnado de 1º ESO participou nunha visita didáctica ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, organizada por Melchor Roel, profesor do departamento de Xeografía e Historia. Ademais da visita guiada á área arqueolóxica, o alumnado participou en dous obradoiros: “A caza na Prehistoria” e “Exhibición de lume”.
Charla “o fenómeno criminal desde o punto de vista do dereito penal e da criminoloxía”
admin — Dom, 28/05/2023 - 09:05
O 23 de maio, o alumnado de Ciencias Sociais de 1º de Bacharelato asistiu á charla “O fenómeno criminal desde o punto de vista do dereito penal e da criminoloxía”.
Sabemos realmente o que é un crime? E sobre todo, coñecemos os instrumentos dos que dispoñemos como sociedade para afrontalo? O obxectivo da charla é explicar as funcións e os fins de dúas ramas das ciencias penais como son o dereito penal e a criminoloxía. A partir da introdución a estas disciplinas, a súa metodoloxía e linguaxe, o relator, Virxilio Rodríguez, profesor da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo, pretende arredarnos dunha visión sensacionalista e achegarnos dende un punto de vista técnico a iso que chamamos “crime”.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+