Pais/Nais
CONCURSO PHOTOS AND HISTORY
admin — Lun, 01/04/2019 - 10:52
Os gañadores do primeiro concurso "Photos and History" foron María Varela (2º BACH A), Laura Alonso (1º BACH D) e Alberte Gil (2º BACH A). Cabe destacar a boa participación e o desexo de realizar a 2ª edición do concurso. Parabéns ós gañadores que obtiveron as novelas gráficas "Persépolis", "Farenheit 45" e "Amaranta y otros cuentos".
VISITA Ó MUSEO DO POBO GALEGO
admin — Mér, 27/03/2019 - 11:34
O día 15 de marzo o alumnado de 2º da ESO A, B e C acompañados polas profesoras Liliana Carro e Susana Puente visitaron o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, para coñecer de preto a figura de Antón Fraguas, un dos seus fundadores e a quen este ano lle adican o Día das Letras Galegas. Fixeron un xogo, coñeceron as distintas salas e ao rematar visitaron o Panteón dos Galegos Ilustres, en San Domingo de Bonaval. Ademais aproveitaron que estaba a exposición "Alba de Gloria" de Castelao, e escoitaron o último discurso que deu o escritor. Para completar a mañá, a través da realidade virtual, a Santa Compaña de galegos ilustres pasou ao seu lado e algúns case foxen a escape.
SEMANA BRANCA 2019
admin — Mér, 13/03/2019 - 13:27
O Departamento de Educación plástica e visual en colaboración co Departamento de Educación Física levou a cabo un ano máis a viaxe á estación de esquí de Boi Taüll en Lérida. A actividade desenvolveuse entre os días 23 de febreiro e o 1 de marzo. O grupo estivo formado por 35 alumnos de 4º ESO e o profesorado acompañante foi Carlos García, Adrián Martínez e Adriana Arca. Durante esa semana o alumnado estivo recibindo clases de esquí na estación de Boi Taüll e tamén visitaron o Museo Fundación Jorge Oteiza.
1ª CLASIFICADA NA FASE LOCAL DA OLIMPÍADA INTERNACIONAL DE FÍSICA
admin — Dom, 03/03/2019 - 23:40
A alumna MARÍA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ de 1º Bacharelato A, acadou o primeiro posto na fase local da Olimpíada Internacional de Física celebrada o día 22 de febreiro na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Entre os días 26 e 29 de abril participará na Olimpíada nacional que se celebrará en Salamanca.
Language Planning
admin — Dom, 03/03/2019 - 23:00
O mércores 23 de xaneiro, o alumnado de 2º de bacharelato, acompañado polas profesoras Dª Sabela Lado e Dª Ana Gago, do Departamento de Lingua Galega, tivo a oportunidade de asistir á representación de "Language Planning" no IES República Oriental do Uruguai, obra cuxa montaxe produce e dirixe o coñecido grupo de "Os Quinquilláns". A montaxe teatral, de carácter cómico e retranqueiro, parte da observación cotiá da sociolingüística galega, e consiste nunha reinterpretación dos relatos da obra de Sechu Sende, Made in Galiza, lectura que hai tempo se traballa co noso alumnado no nivel de 2º de bacharelato. A función tivo unha duración de aproximadamente 1 hora, na cal desfrutamos dos diferentes retallos que Tero Rodríguez e Lucho Penabade, os actores en escenario, ofreceron.
I TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA FUNDACIÓN EDUCABARRIÉ
admin — Dom, 03/03/2019 - 22:50
O pasado 4 de febreiro un grupo de dez alumnas e alumnos que cursan a materia de Oratoria en 1ºESO - Chaltu Estévez, Rania Yousef, Martiño Álvarez, Silvia Bravo, Antía Castro, Gonzalo Fariñas, Carolina Moreno, Ana Yáñez, Mateo Sanmartín, Daniel Cruz - acompañados polas profesoras Dª Liliana Carro e Dª Teresa Blanco, tiveron a oportunidade de participar no I Torneo de Debate de Galicia organizado pola Fundación Barrié, que tivo lugar na súa sede de A Coruña. Ao longo dos dous meses previos, o alumnado recibiu formación relacionada coa elaboración de discursos argumentativos e cos elementos e a estructura dun debate. O alumnado recibirá un diploma acreditativo da súa participación no torneo. As súas profesoras felicítanos polo seu interese, a súa capacidade de traballo e polo seu compañerismo.
14 febreiro, LINGUA DE AMOR. (Dep. Lingua Galega)
admin — Dom, 03/03/2019 - 22:39
Con motivo da celebración do San Valentín, o alumnado realizou un gran corazón con mensaxes impresas, cancións, poemas e adicatorias.
O resto dos corazóns que se realizaron pasaron a depositarse nunha gran caixa na que se podía recoller unha mensaxe. Un dos obxectivos finais foi potenciar a lingua, de xeito que ademais de adicarnos ese día en galego, a fotografía das nosas adicatorias pasarían a definir o perfil que teñamos na rede.
VISITA ÓS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES
admin — Dom, 03/03/2019 - 22:05
O 21 de Febreiro, o alumnado de 3º E.S.O. A , B e C visitou tres museos científicos interactivos- o Aquarium Finisterrae, a Domus e a Casa das Ciencias- en A Coruña, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores María González, Aleixandre Méndez, Olga Mijón e a lectora Brenna Cancilla. A saída tivo como obxectivo coñecer, dun modo interactivo e ameno, diferentes contidos científicos, relacionados co océano, o corpo humano e coa física de materiais e a astronomía
O concurso “Citas de Cine”, organizado por D. Miguel Otero, xa ten gañadores. A alumna de Sabela Vilas de 2ª de Bacharelato elixiu ao chou dúas papeletas das doce que tiñan todas as respostas correctas. A primeira papeleta correspondeu ao segundo premio, dúas entradas para o cine, que levou a alumna Olivia Götz de 4ESO B. O primeiro premio, o libro "1001 películas que hay que ver antes de morir", correspondeu ao alumno Antonio Valverde de 1ESO A.
O 30 de Xaneiro 52 alumnos/as que cursan a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º E.S.O. A, B e C, realizaron unha visita didáctica á Misión Biolóxica de Galicia. Actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estivo acompañado polas profesoras Dª Olga Mijón e Dª María González. A saída didáctica tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven os grupos de investigación da M.B.G. (CSIC). O alumnado visitou as dependencias da M.B.G., recibindo diversa información aportada polos científicos, sobre: a Historia do Centro e as liñas de investigación que desenvolven na actualidade. Visualizaron as zonas onde realizan os cultivos experimentais e o banco de xermoplasma. Percorreron distintos laboratorios de investigación (grupo de viticultura, grupo de brásicas, grupo de xenética e mellora do millo, grupo de ecoloxía forestal, grupo de agrosistemas) dotados de instrumental de xenética e material de microscopía, dendrocronoloxía, coleccións de sementes, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+