Pais/Nais
VIII ENCONTRO DO ALUMNADO DE MÚSICA DE GALICIA
admin — Mér, 29/05/2019 - 12:31
Alumnado de música de 4º ESO A, B, C, 1º Bacharelato C e D, participaron o 30 de abril no VIII ENCONTRO DO ALUMNADO DE MÚSICA DE GALICIA, que ten como obxectivo dar a coñecer o traballo que o alumnado realiza nas clases de música. Os alumnos/as estiveron acompañados polas profesoras Laura Rodríguez e Ana Rubio.
PAISAXES HISTOLÓXICAS
admin — Xov, 23/05/2019 - 16:45
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, quere felicitar ós alumnos/a Martín Cordero Doce (2º BACH. B), Álvaro Barro Barcón (1ºBACH. B) e Laura Alonso Fernández (4º da ESO C), por gañar o concurso "Qué ves?" que se celebrou no IES Rosais do 2 ó 15 de marzo do 2019.
No concurso premiouse a orixinalidade dos títulos elaborados polos participantes para encabezar as fotos da exposición "Paisaxes histolóxicas" realizada pola profesora e Doutora da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, Rosa Álvarez.
Dicir que foi bastante difícil a selección dos gañadores dada a creatividade de moitos dos participantes. Moitas grasas pola vosa participación.
150 ANOS DA TÁBOA PERIÓDICA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS
admin — Mar, 21/05/2019 - 01:11
Hai 150 anos, case simultaneamente, pero de forma independente, o científico ruso Dimitri Mendeleiev en 1869 e o alemán Lothar Meyer en 1870 presentaron a Táboa Periódica que se considera a precursora da actual. Nela, os elementos aparecían clasificados por orde crecente de masa atómica e agrupados por familias nas que parecían repetirse as propiedades químicas de forma periódica. Meyer, aínda que desenvolvera a súa táboa periódica independentemente, recoñeceu a prioridade de Mendeleiev.
RALLY CIENTÍFICO – MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS: FINAL AUTONÓMICA
admin — Mar, 21/05/2019 - 01:01
No mes de abril o equipo de 4º ESO B do IES Rosais 2 integrado por Álvaro Caamaño González, Rodrigo González Pinto, Carlos González-Portela Lado, Kevin Guillán Moscoso, Ainoa López Rey, Lucas Miranda Martínez, Noa Rivada López, Ariadna Villar Canitrot que tras superar a fase de Centro do VII Rally de Ciencias, participou por cuarto ano consecutivo na final autonómica organizada por Igaciencia celebrada na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.
Este ano o equipo acadou o segundo premio, a moi corta distancia do primeiro clasificado. A actividade foi preparada polos profesores Juan Carlos Ares Rodríguez (Depart. Física e Química) e Olga Mijón Pedreira (Depart. Bioloxía e Xeoloxía).
SPELLING BEE 2019
admin — Lun, 20/05/2019 - 00:51
Os alumnos de 3º ESO B Diego Fariña e Martín Barcia participaron na XV edición do concurso de deletreo " Spelling Bee" organizado por School House. Este ano non obtivemos premios pero conseguiron deletrear palabras de gran dificultade. Parabéns e a seguir mellorando e deletreando!
CERTAME PROVINCIAL DE REGUEIFA
admin — Lun, 20/05/2019 - 00:29
13 alumnos/as de 2º E.S.O.B e 3º E.S.O. A participaron na I Mostra Provincial de Regueifa de I.E.S. Pontevedreses celebrada no Auditorio do CVC de Valadares. O alumnado puido poñer en práctica o aprendido nos obradoiros didácticos recibidos no Centro e a alumna Sabela Prieto de 2º ESO B quedou finalista. A actividade está promovida pola Área de Cultura e Lingua Galega da Diputación de Pontevedra e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Ana Rubio e Laura Rodríguez.
VISITA Á E.D.A.R. DO LAGARES
admin — Ven, 03/05/2019 - 23:36
O 30 de abril, un grupo de 18 alumnos/as de 2º de bacharelato que cursan Ciencias da Terra e do Medio Ambiente visitaron a Estación Depuradora de Augas Residuais do Lagares (E.D.A.R.), actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estivo acompañado polas profesoras Olga Mijón e Concepción Pérez. A saída didáctica tivo como obxectivo coñecer as novas instalacións da E.D.A.R de Vigo e permitíunos coñecer os procesos de depuración da maior E.D.A.R. de Galicia.
MEDALLA DE PRATA NA FASE NACIONAL DA XXX OLIMPÍADA ESPAÑOLA DE FÍSICA
admin — Ven, 03/05/2019 - 11:32
Parabens á alumna MARÍA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ de 1º Bacharelato A, ao acadar a medalla de prata na fase nacional da Olimpíada Española de Física celebrada o día 25 de abril en Salamanca.
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2019/05/01/leo-libros-fisica-recuerdo/2096915.html
VIAXE DE ESTUDIOS A ITALIA
admin — Xov, 02/05/2019 - 11:10
A semana do 4 de abril ó 11 de abril, 68 alumnos/as de 1º Bach., acompañados polos profesores/as Luisa González, Olga Mijón, Gabino Costas e Aleixandre Méndez, realizaron unha viaxe de estudos a Italia. A viaxe permitíu percorrer Roma, a Cidade do Vaticano, Pisa, Lucca, Florencia e Venecia. O grupo puido contemplar e visitar en Roma: o Coliseo Romano, o Foro Romano, o Arco de Constantino, o Circo Máximo, Santa María in Cosmedin, Illa Tiberina, Teatro Marcelo, Mercado de Traxano, Praza de Venezzia, o Panteón de Agripa, a Praza do Popolo, a Praza de Spagna, a Fontana do Tritone, a Fontana de Trevi, Praza Navona, San Pietro in Vincoli, etc. Na Cidade do Vaticano: os Museos Vaticanos, a Basílica de San Pedro, a Capela Sixtina. En FLORENCIA: Santa María Novella, a Catedral, o Baptisterio de San Xoán, o Campanille de Giotto, a Praza da Signoria, Ponte Vecchio, o Mercado do Porcellino, etc. En PISA: a Catedral, Torre Inclinada, Baptisterio. En LUCCA: a Catedral e Praza de San Miguel. En VENECIA: a Praza e Basílica de San Marcos, o Campanille, a Torre do Reloxo de San Marcos, o Palacio Ducal, a Ponte dos Suspiros, etc.
VISITA Ó PALACIO DA BOLSA DE OPORTO
admin — Mér, 10/04/2019 - 12:27
O 7 de marzo o alumnado de Economía de 2º de Bacharelato visitou o Palacio da Bolsa de Oporto, acompañados das profesoras D.ª Ángela Fissgus e D.ª Fernanda Moneo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+