Pais/Nais
ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME ”XXXI POSTAIS DE NADAL”
admin — Mér, 08/01/2020 - 21:41
ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME ”XXXI POSTAIS DE NADAL”
Como é tradición un ano mais, celebrouse o certame de postais de Nadal, e o día 20 de decembro durante o festival de Nadal entregáronse os premios aos gañadores/as. Os premiados/as foron:
Accésits-categoría A - premio do xurado: Irene Raíndo Miguéns (1º ESO A), Ainara Clemente García (1º ESO B) e Silvia Bravo Pascual (2º ESO B).
1º premio do xurado - categoría B: Carolina Cabeza Castro (3º ESO B)
2º premio do xurado - categoría B: Adrián Leal García (4º ESO A)
1º premio do público - categoría A: Ainara Clemente García (1º ESO B).
2º premio do público: Olaya González Blanco (4º ESO B)
A actividade estivo organizada pola Vicedirección en coordinación co dpto. de Educación Plástica e Visual.
FESTIVAL DE NADAL 2019
admin — Mér, 08/01/2020 - 21:33
FESTIVAL DE NADAL 2019
O 20 de decembro festexouse a chegada do Nadal cun festival, organizado polas profesoras Laura Rodríguez e Marta Barreiro do departamento de música e contando coa colaboración da vicedirectora. As representacións musicais foron moi variadas, participando alumnado de ESO e 1º de bacharelato, intercalando obras modernas e clásicas en distintos idiomas. O resultado do traballo de profesoras e estudantes foi un éxito.
CHARLA “USA CULTURE”
admin — Mér, 08/01/2020 - 21:22
CHARLA “USA CULTURE”
Os/as alumnos/as de 2º ESO A e C asistiron a unha charla sobre cultura dos Estados Unidos impartida polo lector do Centro Giovani Santiago.
PATINAXE SOBRE XEO - 1º ESO
admin — Dom, 22/12/2019 - 13:16
PATINAXE SOBRE XEO - 1º ESO
O mércores 18 de decembro, 50 alumnos/as de 1º ESO A, B e C, gozaron patinando na pista de xeo situada en Samil. A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Susana Puente, Lucía Alonso e María Otero.
PATINAXE SOBRE XEO - 3º ESO
admin — Dom, 22/12/2019 - 13:08
PATINAXE SOBRE XEO - 3º ESO
O martes 17 de decembro, 54 alumnos/as de 3º ESO A, B e C, disfrutaron patinando sobre xeo na pista de patinaxe situada en Samil. A actividade estivo organizada polo Departamento de Educación Física e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Susana Puente e Serafina Pailos e o profesor Manuel Quinteiro.
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN: “¿AGORA QUE FAGO? CLAVES PARA A ELECCIÓN DE ESTUDOS OU CARREIRA PROFESIONAL”
admin — Dom, 22/12/2019 - 12:54
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN: “¿AGORA QUE FAGO? CLAVES PARA A ELECCIÓN DE ESTUDOS OU CARREIRA PROFESIONAL”
O 17 de decembro continuando co ciclo de charlas de orientación profesional organizouse a charla-coloquio “¿Agora que fago? Claves para a elección de estudos ou carreira profesional". A relatora foi a doutora en psicoloxía D.ª Belén Charro Baena, profesora do Departamento de Psicoloxía da Facultade de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade Pontificia de Comillas ICAI-ICADE-CIHS.
CHARLA “UNITED KINGDOM CULTURE”
admin — Dom, 15/12/2019 - 19:49
CHARLA “UNITED KINGDOM CULTURE”
Os/as alumnos/as de 1º e 2º ESO asistiron a dúas charlas sobre cultura do Reino Unido impartida por Tammy Vera e patrocinada pola editorial Burlington.
CHARLA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA “A PROFESIÓN MÉDICA”
admin — Dom, 15/12/2019 - 19:38
CHARLA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA “A PROFESIÓN MÉDICA”
O 2 de decembro o doutor especialista en traumatoloxía D. Tomás Quinteiro do Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro e ex-alumno do centro, impartiu a charla de orientación “A profesión médica”, dirixida ao alumnado que cursa a materia de bioloxía en 2º de bacharelato B e C.
CONCURSO SPORTS GIANTS
admin — Mar, 03/12/2019 - 13:59
CONCURSO SPORTS GIANTS
O concurso Sports Giants, organizado polos departamentos de Educación Física e Inglés, xa ten gañadores. Os alumnos Daniel Rodríguez (1º ESO A), Luis Rubianes (4ºESO B) e Miguel García-Miguel (2º Bach D) resultaron premiados. Parabens aos gañadores!
CHARLA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA: “GRADO EN COMERCIO”
admin — Mar, 03/12/2019 - 13:46
CHARLA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA: “GRADO EN COMERCIO”
O 29 de novembro o subdirector da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo D. Emilio García Roselló, impartiu a charla de orientación “Grado en comercio-os negocios na era dixital”, dirixida ao alumnado que cursa a modalidade de ciencias sociais en 2º de bacharelato C e D.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+