Pais/Nais
CINE “1917”
admin — Ven, 07/02/2020 - 01:49
CINE “1917”
O 30 de xaneiro o alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º bacharelato C e D asistiu á proxección da película 1917 ambientada na 1ª Guerra Mundial. Actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Os/as alumnos/as estiveron acompañados por Aleixandre Méndez e Noa Carrera.
CHARLA-COLOQUIO PLAN DIRECTOR: “XOGO ONLINE”
admin — Ven, 07/02/2020 - 01:40
CHARLA-COLOQUIO PLAN DIRECTOR: “XOGO ONLINE”
O 30 de xaneiro contamos coa presenza de D. José Manuel Alonso ,inspector da Policía Nacional que impartiu unha charla sobre xogo online para os grupos de 4º ESO A, B e C.
ACTIVIDADES ESCOLARES DA MOSTRA “A VIVIR QUE SON 100 ANOS”
O xoves 30 de xaneiro o alumnado de 1º de bacharelato B acudiu a Sala AFundación, para asistir a exposición " A vivir que son cen anos". Traballando o alongamento da vida dende as perspectiva da materia de Anatomía Aplicada. Foron acompañados polo profesor Raúl Matos e a profesora Irene Otero.
VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO FARO DE VIGO
admin — Dom, 02/02/2020 - 20:42
VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO FARO DE VIGO
O pasado mércores 29 de xaneiro o alumnado de 2º ESO A e C visitou as instalacións de Faro de Vigo. Alí explicáronlles a importancia deste xornal no desenvolvemento cultural da cidade desde hai máis de século e medio. A visita foi moi completa e puideron admirar, ademais das oficinas, as xigantescas rotativas nas que cada día se produce o xornal. A actividade estivo organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura, e o alumnado estivo acompañado por Margarita Alén, Dolores Melendreras e Aurora Camstra.
MENCIÓNS DE HONRA NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA
admin — Ven, 24/01/2020 - 16:47
MENCIÓNS DE HONRA NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA
Parabéns a dúas alumnas do noso Centro, Ana M.ª Álvarez Martínez e María Rodríguez Domínguez de 2º bacharelato A, que acadaron a Mención de Honra na Olimpíada de Matemáticas Galega. O certame celebrouse o venres 17 de xaneiro na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e participaron 101 xóvenes, 35 alumnas e 66 alumnos, de 77 centros públicos e 24 privados. Noraboa!
OLIMPÍADA DE MATEMÁTICAS GALEGA
admin — Xov, 23/01/2020 - 23:43
OLIMPÍADA DE MATEMÁTICAS GALEGA
O 17 de xaneiro os/as alumnos/as Ana M.ª Álvarez Martínez de 2º bacharelato A, María Rodríguez Domínguez de 2º bacharelato A, Lorenzo Alonso Mateos de 2º bacharelato C e Simón Pereira González de 2º bacharelato C, participaron na Olimpíada de Matemáticas Galega celebrada na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
PARTICIPACIÓN NA OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA
admin — Xov, 23/01/2020 - 22:26
PARTICIPACIÓN NA OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA
O venres 17 de xaneiro as/o alumnas/o Manuel Calvo Pérez, María Louro Varela de Limia, Gisela Mosquera Álvarez e Nerea Nemitz Santos de 2º bacharelato B, acudiron á fase autonómica da XV Olimpíada de Bioloxía. O certame celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e o alumnado estivo acompañado pola profesora de Bioloxía D.ª Isabel Martín Fragueiro.
CONCURSO MASTERWORKS OF PAINTING
admin — Xov, 23/01/2020 - 21:54
CONCURSO MASTERWORKS OF PAINTING
O concurso Masterworks of Painting, organizado polo Departamento de Inglés xa ten gañadoras. As alumnas Laura Alonso de 2º bacharelato D, Noa García de 2º bacharelato D e Natalia Fariña de 2º ESO B, resultaron premiadas. A participación foi moi alta e de seguro que haberá unha edición máis do concurso. Parabéns ás gañadoras!
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “CONECTADOS Á DIXITALIZACIÓN: OS PERFÍS DO FUTURO”
admin — Xov, 23/01/2020 - 21:38
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: “CONECTADOS Á DIXITALIZACIÓN: OS PERFÍS DO FUTURO”
O 16 de xaneiro celebrouse a charla-coloquio de formación profesional "Conectados á dixitalización: os perfís do futuro”, impartida por D.ª Carlota Montaña-Sánchez Puga profesora e coordinadora da área de educación superior do IESIDE e AFUNDACIÓN.
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN: “APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA E A ENXEÑERÍA AMBIENTAL ”
admin — Mér, 15/01/2020 - 01:39
CHARLA-COLOQUIO DE ORIENTACIÓN: “APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA E A ENXEÑERÍA AMBIENTAL ”
O 10 de xaneiro retomando o ciclo de charlas de orientación profesional, organizouse a charla-coloquio “Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental". O relator foi D. Francisco Omil Prieto, catedrático de enxeñaría química e subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, centro docente da Universidade de Santiago de Compostela.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+