Pais/Nais
Exposicións
CENTENARIO DA REVISTA NÓS
admin — Ven, 11/12/2020 - 14:06
CENTENARIO DA REVISTA NÓS
Para celebrar que o 30 de outubro foi o centenario da revista Nós tivemos no centro unha pequena exposición cos artigos, poemas, portadas… máis salientables de dita revista. Ademais, un grupo do alumnado de cuarto tivo a oportunidade de facer unha visita didáctica en liña por videoconferencia á exposición Galicia, de Nós a Nós, na que se destaca o importante papel que homes e mulleres desta Xeración tivo para a Nosa terra. A actividade estivo organizada pola profesora Liliana Carro Estévez..
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
admin — Xov, 03/12/2020 - 21:26
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
O día 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o centro participou na actividade asociada ao programa EnlazaVigo 2020 do Concello de Vigo. O alumnado elaborou slogans contra a violencia de xénero co que despois decoraron as escaleiras e paredes do centro. Un deles tamén foi escollido para a exposición da Rúa Peonil do Calvario.
Ademais, o alumnado de 3º ESO en adiante viu a obra de teatro online “O último romántico”, na que se trata a violencia de xénero, e participou nun coloquio coa autora da obra e a produtora.
EXPOSICIÓN “A IGUALDADE SABE A SAL”
admin — Ven, 07/02/2020 - 01:56
EXPOSICIÓN “A IGUALDADE SABE A SAL”
Nas dúas últimas semanas, o noso instituto contou coa exposición Seguindo as estrelas, unha iniciativa do IES Ricardo Mella no que se pon en valor a todas as mulleres descoñecidas de distintos ámbitos. Con este proxecto chamado A igualdade sabe a sal, preténdese inculcar a idea de que calquera moza so ten como límite os propios sonos.
EXPOSICIÓN ENL: "SORRISOS POR UN MUNDO. O HUMOR EN CARLOS CASARES"
admin — Lun, 18/11/2019 - 22:18
EXPOSICIÓN ENL: "SORRISOS POR UN MUNDO. O HUMOR EN CARLOS CASARES"
A exposición que o ENL propuxo este mes no noso centro titúlase "Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares", en colaboración coa Fundación Carlos Casares. A través de plotters, achegouse ao alumnado información en relación co currículo que se imparte na materia de LGeL, xa que tanto no estudo das cantigas de escarnio e maldicir (3º ESO), como no coñecemento de Castelao (4º ESO), e nomeadamente na profundización da figura de Casares e a súa obra, de gran relevancia no derradeiro curso de bacharelato, a lectura e traballo proposto a partir dos cartaces foron de grande utilidade. A mostra repartiuse en diferentes seccións:
- Definición do humor, orixe e bioloxía.
-Teorías sobre o humor, estilos, tipoloxía e recursos humorísticos.
- Mapamundi sobre a orixe do humor en diversas culturas do mundo.
- Historia do humor en Galicia (tradición oral, cantigas de escarnio e maldizer, rexurdimento, a primeira idade de ouro, as décadas escuras, a renovación, a segunda idade de ouro e as primeiras décadas do século XXI).
- O humor de Carlos Casares.
- Unha visión humorística de Casares (desmitificar a figura seria de escritor mediante fotos de arquivo graciosas, caricaturas e humor gráfico).
XXVIII CONCURSO PATRIMONIO NACIONAL DE PINTURA INFANTIL E XUVENIL PARA CENTROS ESCOLARES 2018-2019
admin — Lun, 14/10/2019 - 23:23
PARTICIPACIÓN NO XXVIII CONCURSO PATRIMONIO NACIONAL DE PINTURA INFANTIL E XUVENIL PARA CENTROS ESCOLARES 2018-2019
As alumnas Paula Barreiro Alonso, Matilda Boyce, Silvia Bravo Pascual, Ana Cardenal Alonso, Claudia Puga Vidal e Irene Alonso Castro de 1º ESO, participaron no XXVIII Concurso de Patrimonio Nacional de Pintura, presentando obras sobre as Covas de Altamira, a Sagrada Familia, a Catedral de León, o Patio dos Leóns da Alhambra, o Estanque dos Chinescos nos xardíns de Aranjuez e os xardíns do Mosteiro de San Jerónimo de Yuste. A actividade estivo organizada polo profesor Óscar Loeda.
Un ano máis o alumnado da ESO participou no concurso de postais de Nadal.
Os ganadores foron:
1º Premio: David Vázquez Estévez, alumno de 4º ESO A.
2º Premio: Sergio Rial Suárez, alumno de 1º ESO B.
Accésits: Tomás García Álvarez, alumno de 3º ESO A, Noa Copero Lamas, alumna de 4º ESO C, e Eva Lareo Manzano, alumna de 1º ESO A
Na segunda semana de xuño realizouse una exposición de fotos realizadas polo alumnado de TIC.
Co motivo do Día das Letras Galegas a profesora Dª Ana Gago organizou unha exposicón de carteis co alumnado de 1º Bacharelato.
Durante as últimas semanas do curso realízanse distintas exposicións.
Os alumnos de Educación Plástica e Visual de 1º,3º,4º mostran nunha exposición os resultados de moitas horas de traballo. Interpretacións, arte en tres dimensións, figuras imposibles, ilusións ópticas, deseño gráfico, litografía, debuxos de fractales, retratos e autorretratos.
Todos estes traballos están cargados de gran inventiva creación e destreza polo que, os seus profesores , Mª Antonia Pascual e Carlos García, séntense moi orgullosos.
O gravado sobre linóleo é unha das actividades con máis aceptación dende hai varios anos pois se converte en algo novo onde os alumnos poden expresar a súa creatividade. Nesta actividade valórase a composición, a expresividade da cor, o dominio da liña e a destreza no manexo dos elementos propios da técnica.
Jose Ángel Padín, alumno de 4º ESO demostrou dende principio de curso unha habilidade especial para o gravado non só na rápida resolución senón tamén, e máis importante, na súa creatividade á hora de afrontar calquera tema. A principios do mes de maio facilitáronselle os medios para expoñer uns vinte gravados de forma individual.
Nestas dúas exposicións os prezos dos gravados están á venda polo módico prezo de dous euros.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+