Pais/Nais
Saídas Extraescolares
PATINAXE SOBRE XEO - 1º ESO
admin — Dom, 22/12/2019 - 13:16
PATINAXE SOBRE XEO - 1º ESO
O mércores 18 de decembro, 50 alumnos/as de 1º ESO A, B e C, gozaron patinando na pista de xeo situada en Samil. A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Susana Puente, Lucía Alonso e María Otero.
PATINAXE SOBRE XEO - 3º ESO
admin — Dom, 22/12/2019 - 13:08
PATINAXE SOBRE XEO - 3º ESO
O martes 17 de decembro, 54 alumnos/as de 3º ESO A, B e C, disfrutaron patinando sobre xeo na pista de patinaxe situada en Samil. A actividade estivo organizada polo Departamento de Educación Física e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Susana Puente e Serafina Pailos e o profesor Manuel Quinteiro.
A ESCOLA DE ARTES E OFICIOS - 130 ANOS NA HISTORIA DE VIGO
admin — Mar, 26/11/2019 - 10:28
A ESCOLA DE ARTES E OFICIOS - 130 ANOS NA HISTORIA DE VIGO
O alumnado de debuxo técnico de 2º bacharelato A, acompañado polo profesor Carlos García realizou a visita a Escola de Artes e Oficios co galo da exposición conmemorativa dos seus 130 anos de existencia. Ademais da exposición presentada polo historiador e comisario José Luis Mateo e por Rafael Ojea técnico do concello, tamén fixeron unha visita guiada coñecendo un taller e a biblioteca. A actividade estivo organizada polo Departamento de Educación Plástica e Visual.
ACTIVIDADES EDUCATIVAS NA ILLA DE CORTEGADA
admin — Xov, 07/11/2019 - 21:14
ACTIVIDADES EDUCATIVAS NA ILLA DE CORTEGADA
O pasado día 23 de outubro o alumnado de 1º ESO realizou unha ruta interpretativa pola illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, acompañado polos profesores Sara González, Irene Otero e Raúl Matos. A actividade foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
A visita comezou no porto de Carril dende onde os rapaces foron trasladados nunha embarcación á illa de Cortegada.
Durante a mañá, percorreron roteiros acondicionados polo interior da illa, visitando o maior bosque de loureiro do sur de Europa, e coñecendo tanto o resto da súa flora e fauna como a súa historia: os orixes da aldea, a posterior doazón ao rei Alfonso XIII e a recuperación para dominio público como parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Pola tarde, tras unha pausa para o xantar, realizaron xogos de temática educativa relacionados cos contidos aprendidos durante a mañá, tras o cal finalizou a visita. .
QUEDAMOS NO PALCO, QUEDAMOS COA CLÁSICA 2019
admin — Mar, 05/11/2019 - 02:21
QUEDAMOS NO PALCO, QUEDAMOS COA CLÁSICA 2019
O Teatro Afundación de Vigo un ano máis abre as súas portas ós centros educativos de ESO e Bacharelato para que o seu alumnado poida gozar de concertos de música clásica gratuítos. O día 9 de outubro o alumnado asistiu ó Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, director e violín David Grimal con obras de Piotr Ilich Chaikovski e Ludwig van Beethoven. O día 30 de outubro o alumnado asistiu ó Concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Mijail Jurowski, violín Ellionor D’Melon, interpretando obras de Johannes Brahms. Actividade organizada por D.ª Laura Rodríguez, profesora do Departamento de Música.
ACTO DE RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES
admin — Dom, 14/07/2019 - 11:56
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA-PROGRAMA A PONTE
O 4 de xullo no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, celebrouse o acto de recoñecemento aos mellores expedientes de centros de ensino medio de Galicia nas Probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) de 2019. Trece alumnos/as do IES Rosais 2 acadaron o recoñecemento por superar unha cualificación de 9 na parte obrigatoria nas ABAU: Brais Castro Martín, Sofía Ferreiro Bello, Tomás Maël García Álvarez, Pablo Gómez tato, Paula Imizcoz Domínguez, Víctor Irisarri Piñera, Irlanda Lloves Fernández, Laura López Prieto, Ana Losada Gándara, Sonsoles Méndez Álvarez, Ángel Míguez Roel, Ignacio Rodríguez de Castro e Sabela Vilas Tobar. O acto puideron acudir nove estudiantes que estiveron acompañados por membros do equipo directivo o e as súas familias.
A nosa fecilicitación ao alumnado polos bos resultados obtidos na ABAU 2019.
PROXECTO EUROPEO “A PROPÓSITO DE ROBLES, HERBÍVOROS Y ENEMIGOS NATURALES DE LOS HERBÍVOROS”
admin — Mar, 25/06/2019 - 13:38
Un grupo de alumn@s de 4º ESO acompañado polas profesoras Olga Mijón e María González do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Olga Mijón e María González, participan no proxecto europeo “A propósito de robles, herbívoros y enemigos naturales de los herbívoros” en colaboración coa investigadora Andrea Cortegoso do grupo de Ecoloxía Forestal da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC).
VISITA ÁS IGREXAS DO VAL MIÑOR
admin — Mar, 25/06/2019 - 12:38
O 29 de maio un grupo de 44 alumnos/as de 3º ESO B, C, 4º ESO e 1º Bach., visitaron a capela de San Cosme e San Damián, e o Castelo de Monterreal en Baiona. O alumnado estivo acompañado polos profesores Gabino Costas e Aleixandre Méndez. Actividade organizada polo Departamento de Relixión.
VISITA ÁS IGREXIAS DO VAL MIÑOR
admin — Mar, 25/06/2019 - 12:27
O 28 de maio un grupo de 41 alumnos/as de 1º ESO e 2º ESO B e C, visitaron a Igrexa románica de Parada e o Templo Votivo do Mar de Panxón obra do arquitecto porriñés Antonio Palacio. O alumnado estivo acompañado polos profesores Laura Rodríguez e Gabino Costas. Actividade organizada polo Departamento de Relixión.
VISITA DO MOSTEIRO DE CARBOEIRO E CATEDRAL DE SANTIAGO
admin — Xov, 13/06/2019 - 11:48
O tórrido venres 31 de maio, o alumnado de 2º de ESO visitou o Mosteiro de Carboeiro onde houbo tempo para comprender a organización da vida monacal e asistir a un interesante taller de arquitectura. A continuación, repuxemos forzas na área recreativa A Carixa, á beiriña do río Orza (afluente do Deza) e rematamos a excursión en Santiago de Compostela. Despois de “lavarlle a cara” á catedral, agora tócalle a quenda ás cubertas, por iso o seu interior está cuberto de pástico e estadas. Aínda así, o día foi o broche de ouro ao curso e serviu para que o alumnado afianzase os seus coñecementos de historia medieval e gozase do rico patrimonio histórico-cultural galego. A actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Luisa González e Rosa del Río.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+