Pais/Nais
Concursos e premios
FASE AUTONÓMICA DA XVI OLIMPÍADA ESPAÑOLA DE BIOLOXÍA
admin — Mér, 24/02/2021 - 02:15
PARTICIPACIÓN NA FASE AUTONÓMICA DA XVI OLIMPÍADA ESPAÑOLA DE BIOLOXÍA
O venres 19 de febreiro, Marta González López, alumna de 2º Bacharelato A, participou na fase autonómica da XVI Olimpíada Española de Bioloxía. Este ano, debido á situación sanitaria, houbo unha fase previa que consistiu nunha proba teórica de 80 preguntas tipo test online na que participaron 112 alumnos/as de 22 centros educativos de toda Galicia e 20 conseguiron pasar á final. A fase final autonómica do certame científico celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e a alumna estivo acompañada pola profesora de Bioloxía Olga Mijón Pedreira. Parabéns pola clasificación!
ENTROIDO 2021
admin — Xov, 18/02/2021 - 03:12
ENTROIDO 2021
Este ano o Entroido nos Rosais 2 celebrámolo ao grande. Tivemos un meco, unha exposición sobre personaxes do Entroido galego, rapazas e rapaces de 3º da ESO presentando esta exposición nos cursos de 1º e 2º, puidemos ver un vídeo sobre varios destes personaxes, un documental do músico Kepa Junquera e, o máis importante, a rapazada de 1º e 3º participou nun concurso de máscaras baseadas nestes personaxes que nos aledou a entrada do instituto. O nivel foi altísimo e todas merecían premio pero despois dunha longa deliberación o resultado podedes velo nas fotos. Grazas a todas e a todos por participar e feliz Entroido!!
PARTICIPACIÓN E CLASIFICACIÓN NA XVI OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA
admin — Xov, 18/02/2021 - 02:43
PARTICIPACIÓN E CLASIFICACIÓN NA XVI OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA
O venres 5 de febreiro, Rodrigo Dankmar Binkele Aneiros, Diego González González, Marta González López, Paula Patiño Cascallar y Óscar Sotelo Solla, alumnado de 2º bacharelato A, realizaron a proba online correspondente á Fase previa da Fase Autonómica Galega da Olimpíada de Bioloxía na decimosexta edición. O alumnado foi preparado pola profesora da materia de Bioloxía Olga Mijón Pedreira, e a alumna Marta González López clasifícouse para a fase presencial do certame científico que se celebrará o 19 de febreiro na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Parabéns!
MOMENTS IN HISTORY
admin — Mar, 02/02/2021 - 01:19
MOMENTS IN HISTORY
Xa temos os gañadores do concurso “Moments in History” organizado polo profesor de Inglés, Miguel Otero. Noraboa!
1º PREMIO: Victoria Ivana Rodrígez Landeiro (3º ESO C)
2º PREMIO: Álvaro Adrián Canales Jiménez (3º ESO A)
Felicitación gañadora no concurso de postais de Nadal 2020. Autora: Alba Riveiro Pérez de 4º ESO D.
Estas foron as postais finalistas do nadal 2020
Postal 1
Postal 2
Postal 3
Postal 4
Postal 5
Postal 6
Postal 7
Postal 8
Postal 9
Postal 10
RALLY CIENTÍFICO-MATEMÁTICO 2020: O EQUIPO DE 4º ESO B PASA Á FINAL AUTONÓMICA.
admin — Sáb, 21/03/2020 - 23:01
RALLY CIENTÍFICO-MATEMÁTICO 2020: O EQUIPO DE 4º ESO B PASA Á FINAL AUTONÓMICA
O pasado 10 de marzo tivo lugar a fase de centros do Rally Científico-Matemático 2020. Nesta fase o equipo de 4º ESO B do noso centro que participou pola modalidade de Física e Química, quedou entre os tres primeiros centros participantes, acadando a final autonómica. O equipo está formado por oito integrantes: Pablo Álvarez Baqueiro, Martín Barcia Carbajal, Inés Bernárdez Rodríguez, Diego Fariña Rodríguez, Marta Gómez González, Laura Xiang Pérez Cerqueira, Alba Pérez Collazo e Santiago Sesto Barrios. Parabéns e agradecemento polo seu esforzo, dedicación e motivación.
ACCÉSIT NOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA (48ª Edición)
admin — Sáb, 21/03/2020 - 21:59
ACCÉSIT NOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA (48ª Edición)
Parabéns ó alumno Miguel García-Miguel Diz de 2º Bacharelato D por acadar o 2º accésit na modalidade de poesía nos Premios Literarios Minerva. O traballo presentado leva o título de Vaivén, e resultou premiado entre os 39 traballos presentados. Noraboa!
1º CLASIFICADA NA FASE LOCAL DA XXXI OLIMPIADA INTERNACIONAL DE FÍSICA
admin — Xov, 12/03/2020 - 02:05
1º CLASIFICADA NA FASE LOCAL DA XXXI OLIMPIADA INTERNACIONAL DE FÍSICA
Parabéns á alumna do noso Centro, María Rodríguez Domínguez de 2º bacharelato A, por acadar o 1º posto na clasificación na Fase Local da XXXI Olimpíada Internacional de Física. O certame celebrouse o venres 6 de marzo na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. María, participará na Fase Nacional que terá lugar en Murcia, do 23 ao 26 de abril, na que se seleccionará a cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional. Noraboa!
MENCIÓNS DE HONRA NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA
admin — Ven, 24/01/2020 - 17:47
MENCIÓNS DE HONRA NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA
Parabéns a dúas alumnas do noso Centro, Ana M.ª Álvarez Martínez e María Rodríguez Domínguez de 2º bacharelato A, que acadaron a Mención de Honra na Olimpíada de Matemáticas Galega. O certame celebrouse o venres 17 de xaneiro na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e participaron 101 xóvenes, 35 alumnas e 66 alumnos, de 77 centros públicos e 24 privados. Noraboa!
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+