Pais/Nais
Actividades internas
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
admin — Ven, 31/05/2019 - 11:30
Con motivo da celebración da semana das Letras Galegas, adicadas este ano ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas, o alumnado, en colaboración co Departamento de Galego e o ENL, organizou no instituto varias exposicións. En primeiro lugar, traballouse coa información exposta acerca do profesor Fraguas.
Ademais, expuxéronse diversos paneis que facían referencia á súa obra e ao seu pensamento.
Tanto o alumnado de ESO como o de 1º de bacharelato contribuíron, tamén, mediante a exposición que todos os anos se mostra, titulada "Marca unha páxina das nosas letras", nas que se elaboran marcapáxinas alusivos á nosa lingua e á nosa cultura, ou ben que fan referencia ao persoeiro homenaxeado no Día das Letras.
PAISAXES HISTOLÓXICAS
admin — Xov, 23/05/2019 - 16:45
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, quere felicitar ós alumnos/a Martín Cordero Doce (2º BACH. B), Álvaro Barro Barcón (1ºBACH. B) e Laura Alonso Fernández (4º da ESO C), por gañar o concurso "Qué ves?" que se celebrou no IES Rosais do 2 ó 15 de marzo do 2019.
No concurso premiouse a orixinalidade dos títulos elaborados polos participantes para encabezar as fotos da exposición "Paisaxes histolóxicas" realizada pola profesora e Doutora da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, Rosa Álvarez.
Dicir que foi bastante difícil a selección dos gañadores dada a creatividade de moitos dos participantes. Moitas grasas pola vosa participación.
150 ANOS DA TÁBOA PERIÓDICA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS
admin — Mar, 21/05/2019 - 01:11
Hai 150 anos, case simultaneamente, pero de forma independente, o científico ruso Dimitri Mendeleiev en 1869 e o alemán Lothar Meyer en 1870 presentaron a Táboa Periódica que se considera a precursora da actual. Nela, os elementos aparecían clasificados por orde crecente de masa atómica e agrupados por familias nas que parecían repetirse as propiedades químicas de forma periódica. Meyer, aínda que desenvolvera a súa táboa periódica independentemente, recoñeceu a prioridade de Mendeleiev.
CONCURSO PHOTOS AND HISTORY
admin — Lun, 01/04/2019 - 10:52
Os gañadores do primeiro concurso "Photos and History" foron María Varela (2º BACH A), Laura Alonso (1º BACH D) e Alberte Gil (2º BACH A). Cabe destacar a boa participación e o desexo de realizar a 2ª edición do concurso. Parabéns ós gañadores que obtiveron as novelas gráficas "Persépolis", "Farenheit 45" e "Amaranta y otros cuentos".
14 febreiro, LINGUA DE AMOR. (Dep. Lingua Galega)
admin — Dom, 03/03/2019 - 22:39
Con motivo da celebración do San Valentín, o alumnado realizou un gran corazón con mensaxes impresas, cancións, poemas e adicatorias.
O resto dos corazóns que se realizaron pasaron a depositarse nunha gran caixa na que se podía recoller unha mensaxe. Un dos obxectivos finais foi potenciar a lingua, de xeito que ademais de adicarnos ese día en galego, a fotografía das nosas adicatorias pasarían a definir o perfil que teñamos na rede.
O concurso “Citas de Cine”, organizado por D. Miguel Otero, xa ten gañadores. A alumna de Sabela Vilas de 2ª de Bacharelato elixiu ao chou dúas papeletas das doce que tiñan todas as respostas correctas. A primeira papeleta correspondeu ao segundo premio, dúas entradas para o cine, que levou a alumna Olivia Götz de 4ESO B. O primeiro premio, o libro "1001 películas que hay que ver antes de morir", correspondeu ao alumno Antonio Valverde de 1ESO A.
A semana do 24 ao 28 de abril, coincidindo coa celebración do día internacional do libro, don David Faro Domínguez, profesor do departamento de Historia, procedeu a montar na sala de profesores un pequeno mercadillo con libros usados ou de segunda man donados por algúns dos profesores, coa finalidade de recaudar diñeiro para unha boa causa.
Neste caso, todo o conseguido foi doado a Cáritas-Vigo a través da figura de D. Jaime Barrecheguren Beltrán, antiguo compañeiro e xefe de estudos do centro. Foi unha boa maneira de celebrar un día especial para os amantes da lectura.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+