Pais/Nais
ROSCO DA CULTURA GALEGA: ENTREGA DE PREMIOS.
admin — Sáb, 15/05/2021 - 19:53
O equipo de Lingualízate fixo a entrega de premios do Rosco da Cultura galega. Na categoría de bacharelato Andrea foi a única acertante do rosco completo. Para a categoría da ESO houbo dúas acertantes de todas as preguntas e dous que só fallaron unha. Parabéns e a seguir coñecendo a nosa Terra!
RECITAL DE XELA ARIAS
admin — Mér, 12/05/2021 - 19:59
Para coñecer algúns dos poemas de Xela Arias nada mellor que facelo na voz de alumnado do centro, neste caso de rapazas e rapaces de 4º A, que acompañados de música e fotografías ensínannos unha pequena mostra desta gran poeta
DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS NAS TIC.
admin — Ven, 07/05/2021 - 17:45
DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS NAS TIC
O alumnado de Cultura Científica de 1º BAC participou na charla/obradoiro POR QUE “NACÍN” ENXEÑEIRA? Coa axuda de enigmas e xogos, a investigadora Eva Cernadas viaxa pola vida dalgunhas inventoras da historia, e da súa propia, para debullar polo miúdo as motivacións que levan as mulleres a dedicarse profesionalmente a enxeñería. A actividade estivo a cargo de María Collazo, profesora do Departamento de Física e Química.
Relator: Eva Cernadas, investigadora vinculada ao CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela).
CHARLA SOBRE NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA.
admin — Ven, 07/05/2021 - 17:33
O Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 4º ESO B e C unha charla sobre nanociencia e nanotecnoloxía. Estas céntranse no estudo e o emprego de materiais na nanoescala e atopan aplicación en tódolos campos científicos, incluíndo a biomedicina, a química, a bioloxía, a física, a ciencia de materiais e a enxeñería. Relator: Juan Pablo Hervés Beloso, Catedrático da Facultade de Química da Universidade de Vigo.
HOMENAXEADOS DAS LETRAS GALEGAS
admin — Ven, 07/05/2021 - 17:17
E se coñecemos aos homenaxeados/as das Letras Galegas dun xeito divertido a través das portadas dalgúns dos seus libros? Velaquí a nova proposta de Lingualízate!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS.
admin — Ven, 07/05/2021 - 12:52
O día das Letras Galegas deste ano está adicado á poeta Xela Arias. Para coñecermos un pouco máis dela o alumnado de 4ºA preparou unha pequena exposición, onde podemos saber da súa vida, cales son os seus libros ou ler algún dos seus poemas, así como un pequeno percorrido por algunhas das súas fotos.
CHARLA SOBRE ARQUEOLOXÍA EN 1º ESO
admin — Mér, 28/04/2021 - 20:53
CHARLA SOBRE ARQUEOLOXÍA EN 1º ESO
O día 26 de abril tivemos a sorte de contar coa presenza do arqueólogo José Manuel Rodríguez no centro. Tivo un encontro co alumnado de 1º da ESO no que lles falou sobre a arqueoloxía dende o punto de vista da profesión e as fases dunha investigación arqueolóxica: prospección, escavación, musealización. Ademais abordouse o proceso de investigación de cada una destas fases para entender como se crea o coñecemento científico, cuxo fin último é a divulgación e a posta en valor do patrimonio cultural e da evolución histórica. Esta actividade foi organizada polo profesor do Departamento de Xeografía e Historia, Alfonso Álvarez Canella.
RECURSOS MINERAIS EN GALICIA.
admin — Mér, 28/04/2021 - 20:41
O 27 de abril contamos coa presenza de Elena Alonso, Directora da Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, que impartiu unha charla sobre “Recursos Minerais en Galicia/España” para o alumnado de 2º de Bacharelato B que cursa a materia de Xeoloxía.
DÍA DO LIBRO 2021
admin — Mér, 28/04/2021 - 20:21
Co gallo do Día do Libro 2021, o Departamento de Lingua castelá e Literatura organizou unha serie de actividades que se expuxeron en distintas localizacións do centro dende a semana pasada. O alumnado de 1º e 2º de ESO, axudados polo Departamento de Educación plástica e visual, confeccionaron as súas propias cartoneiras. Foi unha boa oportunidade de coñecer esta tendencia que algunhas editoriais alternativas promoveron sobre todo en Hispanoamérica dende 2003. A entrada do instituto encheuse así da cor e alegría que as portadas deseñadas polo alumnado achegaban. Por outra banda, o alumnado de 1º de ESO, en colaboración co Departamento de Lingua inglesa, imaxinou como serían as conversas de Whatsapp entre William Shakespeare e Miguel de Cervantes e expuxeron estas humorísticas “capturas de pantalla” nos taboleiros da entrada. En 3º e 4º de ESO o alumnado rendiu unha homenaxe á iniciativa da artista Nina Katchadourian, que deseñaba auténticos poemas a partir de títulos de libros. As mellores “lomopoesías”, que debían incluir algún título de Cervantes nos seus versos, foron escollidas para a decoración do frontal das escaleiras das distintas plantas do instituto. O alumnado de 1º de ESO D e B encargouse de debuxar unhas letras ben bonitas nesas bandas poéticas. Así mesmo, o Departamento de Lingua castelá propúxonos un reto colectivo: adivinar títulos de obras literarias a partires de emoticonas combinadas. A solución ó enigma desvelouse o venres, Día do Libro. O broche de ouro a todas estas actividades púxoo un concurso literario no que participou alumnado de 1º de ESO e que tivo como gañadores a Alicia Ama Ferreiro e a Sofía Llario Iglesias, de 1º ESO C. Os premios foron un lote de libros escollidos polo Departamento e dous vales para mercar na Casa do Libro. Moitas grazas a todos os que contribuistes para que este Día do Libro fose especial.
PREMIOS DE RELATO CURTO "ANIMAIS ABRAIANTES"
admin — Lun, 26/04/2021 - 08:02
"O 23 de abril o equipo de Lingualízate fixo entrega dos premios de relato curto "animais abraiantes", que recaeron en rapazas de 1º e 3º de ESO. Velaquí algunha foto do emocionante momento e os relatos gañadores. Parabéns a todas!"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+