Pais/Nais
CONCURSO DIVERSIDADE.
admin — Ven, 11/06/2021 - 18:51
O grupo de Igualdade do instituto organizou un concurso de temática LGBTI, que formou parte dos días dedicados á Diversidade. Velaquí as fotos gañadoras e os artistas tras das cámaras cos seus premios.
SE CONTROLAS VOLVES.
admin — Lun, 31/05/2021 - 13:27
O alumnado de 2º da ESO tivo a sorte de participar nunha charla ofrecida pola Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espiñal (AESLEME) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Monitores da asociación, en cadeira de rodas como consecuencia dun accidente, impartiron unha sesión formativa sobre o efecto do consumo do alcol e as drogas en relación á condución de vehículos, sobre medidas preventivas e actuación en caso de accidente e consecuencias dos mesmos. A actividade estivo a cargo das profesoras do Departamento de Física e Química, Patricia Estévez e María de Álava.
LETRAS POLA IGUALDADE.
admin — Mar, 18/05/2021 - 20:12
O 17 de maio coincide a celebración do día das Letras Galegas e mais o Día contra a Homofobia,Transfobia e Disfobia, así que Lingualízate expuxo unha serie de poemas ou breves textos de escritores e escritoras en lingua galega que loitan pola igualdade .
DÍGOCHO EU.
admin — Dom, 16/05/2021 - 12:57
O mércores 12, ás 12, en 1º de Bacharelato fixemos unha conexión co coñecido programa Dígocho eu a través da súa nova rede social de Twitch. Coñecimos a Esther, a súa simpática presentadora, e á lingüísta encargada das correccións, ademais dalgúns trucos do programa, foi unha hora moi entretida!
A MUIÑEIRA DAS LETRAS.
admin — Sáb, 15/05/2021 - 21:29
Hai moitas maneiras de celebrar as cousas pero unha das mellores e máis divertidas é bailando. Despois de días e recreos a tope de ensaios o venres 14 chegou o gran momento: a muiñeira das Letras, nas que rapazada de distintos cursos da ESO bailou no patio ao ritmo da muiñeira do Morrazo interpretada polo gaiteiro Germán, alumno de cuarto. Foi unha fantástica experiencia e saíulles moi ben, asi que prometemos repetir.
ROSCO DA CULTURA GALEGA: ENTREGA DE PREMIOS.
admin — Sáb, 15/05/2021 - 20:53
O equipo de Lingualízate fixo a entrega de premios do Rosco da Cultura galega. Na categoría de bacharelato Andrea foi a única acertante do rosco completo. Para a categoría da ESO houbo dúas acertantes de todas as preguntas e dous que só fallaron unha. Parabéns e a seguir coñecendo a nosa Terra!
RECITAL DE XELA ARIAS
admin — Mér, 12/05/2021 - 20:59
Para coñecer algúns dos poemas de Xela Arias nada mellor que facelo na voz de alumnado do centro, neste caso de rapazas e rapaces de 4º A, que acompañados de música e fotografías ensínannos unha pequena mostra desta gran poeta
DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS NAS TIC.
admin — Ven, 07/05/2021 - 18:45
DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS NAS TIC
O alumnado de Cultura Científica de 1º BAC participou na charla/obradoiro POR QUE “NACÍN” ENXEÑEIRA? Coa axuda de enigmas e xogos, a investigadora Eva Cernadas viaxa pola vida dalgunhas inventoras da historia, e da súa propia, para debullar polo miúdo as motivacións que levan as mulleres a dedicarse profesionalmente a enxeñería. A actividade estivo a cargo de María Collazo, profesora do Departamento de Física e Química.
Relator: Eva Cernadas, investigadora vinculada ao CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela).
CHARLA SOBRE NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA.
admin — Ven, 07/05/2021 - 18:33
O Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 4º ESO B e C unha charla sobre nanociencia e nanotecnoloxía. Estas céntranse no estudo e o emprego de materiais na nanoescala e atopan aplicación en tódolos campos científicos, incluíndo a biomedicina, a química, a bioloxía, a física, a ciencia de materiais e a enxeñería. Relator: Juan Pablo Hervés Beloso, Catedrático da Facultade de Química da Universidade de Vigo.
HOMENAXEADOS DAS LETRAS GALEGAS
admin — Ven, 07/05/2021 - 18:17
E se coñecemos aos homenaxeados/as das Letras Galegas dun xeito divertido a través das portadas dalgúns dos seus libros? Velaquí a nova proposta de Lingualízate!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+