Pais/Nais
SEMANA DA CIENCIA 2021-22.
admin — Lun, 20/12/2021 - 23:38
A semana pasada celebramos a primeira Semana da Ciencia do IES Rosais 2. Os Departamentos de Ciencias organizaron actividades, experimentos e xogos nos que participou activamente o alumnado da ESO e Bacharelato durante os recreos. Desta forma experimentaron e viron de forma práctica a utilidade de moitas das cousas que estudian e ven de forma máis teórica nas clases. No seguinte vídeo tedes algunhas das actividades que fixemos e pode verse a motivación e o interese da comunidade educativa, o que nos anima a repetir este tipo de citas científicas.
MENSAXES DE NADAL.
admin — Sáb, 18/12/2021 - 21:00
Estes días o corredor da cafetería apareceu cuberto de grilandas e bólas con debuxos e mensaxes en galego feitas nos primeiros e segundos da ESO para felicitarnos o Nadal dende Lingualízate, quedou ben chulo!
VIVE UN NADAL EN GALEGO: LECTURAS RECOMENDADAS.
admin — Lun, 13/12/2021 - 20:50
Dende Lingualízate propóñennos varios libros para este Nadal, ordenados por idades e cun pequeno comentario de cada un, para entreternos coas letras durante as vacacións ou para facer algún agasallo.
MATEMÁTICAS E ENXEÑERÍA NUNHA OPERACIÓN DE CORAZÓN!
admin — Sáb, 11/12/2021 - 12:26
O alumnado de Ciencias de 2º de Bacharelato tivo a sorte de asistir a unha charla na que viron á aplicación das matemáticas e a enxeñería nalgunhas operacións de corazón. Hoxe en día pódese facer unha operación sen abrir a cavidade torácica nin ver o corazón de forma directa e para isto son indispensables a enxeñería e as matemáticas. O relator foi Marcos Loureiro García, profesor do departamento de Matemáticas. Marcos é doutor en Métodos Matemáticos e centrou a súa investigación en aplicar as matemáticas na cardioloxía. Creou un modelo que permite predicir o comportamento dos implantes aórticos de forma personalizada para cada paciente.
PROXECTO EDUCAMARES.
admin — Xov, 09/12/2021 - 17:56
O 1 de decembro, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato recibiu a visita de Dani San Román, responsable de divulgar o proxecto EDUCAMARES, que ten como obxectivo dar a coñecer os espazos Natura 2000 mariños. A charla-taller foi impartida para dar a coñecer o proxecto LIFE IP INTEMARES, salientando as principais ameazas, as estratexias de protección e a importancia da protección dos espazos mariños. Ademais o relator amosou mostras de especies de gran valor como posidonia, coral vermello, nacras, ósos de baleas e delfíns, … O proxecto EDUCAMARES conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecológica y Reto Demográfico. A actividade estivo a cargo de Olga Mijón, profesora do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
“QUERES INVESTIGAR CONNOSCO?” - CINBIO.
admin — Mér, 01/12/2021 - 20:40
O alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato e o de Física e Química de 4º ESO A participaron na actividade “Queres investigar connosco?” do centro de investigación CINBIO da Universidade de Vigo. Ademais de facer una reflexión sobre a necesidade da actividade investigadora, fixeron un pequeno experimento e participaron nun xogo online tipo “trivial” sobre ciencia, que se desenvolve no espazo virtual do CINBIO, no que o alumnado utilizou gafas de realidade virtual para móbil coas que coñoceu de xeito virtual algúns laboratorios do CINBIO.
25 DE NOVEMBRO: DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
admin — Mar, 30/11/2021 - 19:31
Este curso botou a andar o novo equipo de Igualdade do Ies Rosais 2, formado por alumnado e profesorado, e prepararon varias actividades para berrar todos e todas xuntos un NON contra a violencia de xénero. Un NON feito coas nosas mans, unha alfombra con mensaxes machistas como símbolo de todo aquilo que queremos pisar e non volver escoitar, o nome das mulleres asasinadas neste ano da man das súas parellas e varios carteis feitos polo alumnado nas clases de debuxo. A intención de todo isto é que tomemos conciencia e tentemos eliminar dunha vez tanta violencia de xénero como hai.
ENCONTRO CON EVA MEJUTO.
admin — Mar, 16/11/2021 - 10:51
CICLO DE ENCONTROS VIRTUAIS CON ESCRITORAS GALEGAS
Para pechar o ciclo de encontros con escritoras galegas organizado polo Concello de Vigo o alumando de cuarto escoitou con atención o que Eva Mejuto, escritora de libros tan lidos como 22 segundos ou Memoria do silencio, nos contou sobre as súas historias e sobre o mundo da transexualidade, onde se inspira o primeiro dos libros.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+