Pais/Nais
8 de Marzo, Día Internacional da Muller
admin — Dom, 13/03/2022 - 15:00
Con motivo do 8 de marzo, día da muller, tivemos varias exposicións e actividades no centro. Unha das mulleres que admiramos de 1º de ESO que organizou o Departamento de Plástica, outra de portadas de revistas e xornais que fixo o alumnado de 1º Bach e organizou o Departamento de Lengua e Literatura Española, outra de mulleres científicas de 4º da ESO organizado por Bioloxía, outra de mulleres relevantes organizado por Antropoloxía e finalmente o deseño e creación de pósteres conmemorativos do 8M realizado por alumnado de 1º Bach desenvolvido dentro do ámbito das TIC (Departamento de Tecnoloxía). Con todas elas aprendimos moito!.
Lecturas
admin — Dom, 13/03/2022 - 14:52
Alumnado de 1º de Bacharelato foi esta semana polas aulas de 1º e 2º da ESO a ler textos con voz de muller en lingua galega, para facernos reflexionar sobre todo aquilo que non queremos volver escoitar ou como queremos cambiar o mundo. Coa literatura podemos aprender moito e até cambiar o noso xeito de pensar. Esta actividade organizouna Lingualízate e o Departamento de Lingua Galega.
Entrega de premios do concurso de disfraces
admin — Xov, 10/03/2022 - 19:36
Hoxe fixemos entrega dos premios do concurso de disfraces. O primeiro premio foi para 1º Bach B cos Felices Anos 20 e o segundo premio para 1º ESO C coa Idade Media. O xurado tamén decidiu outorgar un accésit a 1º Bach D pola súa recreación da final de fútbol na que España gañou o Mundial de fútbol de 2010. Parabéns!.
Violencia de xénero e novo contexto dixital
admin — Xov, 10/03/2022 - 19:26
Dentro do Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade, o alumnado de 3º ESO tivo un obradoiro sobre a violencia de xénero e o novo contexto dixital. Falouse sobre os estereotipos e os roles de xénero que aparecen frecuentemente nos anuncios de xoguetes, perfumes, roupa,..., e o uso tanto do corpo das mulleres como dos homes como meros obxectos, a cosificación das persoas. Mostráronse anuncios libres de estereotipos pero polo de agora, na nosa sociedade, son os menos. Tamén recibiron información sobre o uso das redes sociais e a privacidade nas mesmas. Durante o mesmo aprenderon formas de configuralas e controlar quen pode acceder a súa información e falouse da importancia de ter coidado co que soben a internet. Durante o obradoiro tratouse tamén de diferentes formas nas que se exerce a violencia de xénero a través das redes.
Festa de Entroido
admin — Xov, 03/03/2022 - 19:43
Que gran festa de disfraces fixemos o venres no instituto! A temática era histórica e maioría de clases e alumnado quixo participar, foi un día fantástico!
Entrega de premios das máscaras
admin — Xov, 03/03/2022 - 18:22
Na festa de Entroido do venres fixéronse entrega dos premios da elaboración das máscaras baseadas nos entroidos tradicionais, feita polo alumando de primeiro e terceiro da ESO. Foi unha decisión moi difícil, pois son uns verdadeiros artistas!
Máscaras tradicionais do Entroido
admin — Ven, 25/02/2022 - 18:54
Exposición do Entroido
admin — Ven, 25/02/2022 - 17:57
Para celebrar estes días grandes do Entroido o alumnado da ESO e mais a profesora Liliana Carro elaboraron uns paneis con información das diferentes máscaras desta rica tradición galega, que completaron con algunhas outras máscaras da Península, e que nos achegaron a uns ritos máis ancestrais que conservamos.
Día da Paz - Journée de la Paix 2022 "Le Déserteur"
admin — Mar, 01/02/2022 - 19:28
Día da Paz
Con motivo do Día da Paz, o alumnado de Francés de 2º de Bacharelato gravou o seguinte vídeo recitando “Le Déserteur” de Boris Vian. A profesora responsable da actividade é Pilar Álvarez, do departamento de Francés coa colaboración de Liliana Carro, de Galego, que se fixo cargo da tradución.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+