Pais/Nais
Conferencias
O mércores 23 de xaneiro visitou o noso Centro o doutor en Psicoloxía D. Hipólito Puente Carracedo, vicedecano do Colexio de Psicólogos de Galicia, co fin de orientar ao noso alumnado de 2º de Bacharelato acerca do currículo e futuras saídas en tres titulacións: Maxisterio, Psicoloxía e Pedagoxía, titulacións que el posúe, ademais da Diplomatura en Audición e Linguaxe. O conferenciante é autor de obras como Autoestima e aprendizaxe. Unha aportación empírica a través do debuxo ou A Autoestima no Ensino. Unha resposta práctica ó fracaso escolar . En palabras propias, estudou primeiro Maxisterio “coa única intención de ter autonomía económica e logo facer Psicoloxía”, o campo que lle apaixona tal e como transmitiu ao alumnado. Completou posteriormente a súa formación coa licenciatura en Pedagoxía, coa diplomatura en Logopedia e por fin doutourose en Psicoloxía. Hipólito Puente é o responsable da posta en marcha dun plano experimental que daría lugar ás aulas de educación especial, que logo se porían en marcha no resto de España.
Posteriormente entrou nos equipos psicopedagóxicos de apoio nos que se adicou á atención de alumnos con dificultades de aprendizaxe e de conducta. Cando os equipos desapareceron pasou a ser o xefe de Departamento de Orientación do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde segue hoxendía. Ao finalizar a charla, abriuse unha quenda de preguntas nas que o alumnado puido demandar do conferenciante a información que necesitaba. Deixounos, ademais, no Centro, a presentación en Power Point, da súa charla por se os alumnos quixeran dispoñer dela. Moitas grazas, Hipólito, pola túa xenerosidade!
O día 14 de xaneiro visitou o noso Centro o ex-alumno Luis Figueirido, estudante de 2º ano na Escola Naval de Marín. Dirixiuse aos estudantes de 1º e 2º de Bacharelato para ofrecerlles unha visión xeral da Escola Naval e incidir nos estudos que alí se ofrecen, especialmente interesantes porque a Escola, como Centro Universitario da Defensa, está adscrita á Universidade de Vigo e, polo tanto, imparte tamén a formación necesaria para que os futuros oficiais do Corpo Xeral e Infantería de Mariña obteñan o Título de Grao de Enxeñaría Industrial, Rama de Mecánica, adaptado ao novo plan universitario Bolonia. É dicir, ofrece a posibilidade de cursar simultaneamente as carreiras de Oficial da Armada e Enxeñeiro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+