Pais/Nais
Exposicións
EXPOSICIÓN DOS 40 ANOS DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA.
admin — Xov, 21/10/2021 - 22:16
Neste ano 2021 celébranse os 40 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia e Lingualízate, o equipo de normalización do instituto, proponnos achegarnos aos artigos adicados á lingua a través dunha pequena exposición na entrada do instituto.
LETRAS POLA IGUALDADE.
admin — Mar, 18/05/2021 - 19:12
O 17 de maio coincide a celebración do día das Letras Galegas e mais o Día contra a Homofobia,Transfobia e Disfobia, así que Lingualízate expuxo unha serie de poemas ou breves textos de escritores e escritoras en lingua galega que loitan pola igualdade .
HOMENAXEADOS DAS LETRAS GALEGAS
admin — Ven, 07/05/2021 - 17:17
E se coñecemos aos homenaxeados/as das Letras Galegas dun xeito divertido a través das portadas dalgúns dos seus libros? Velaquí a nova proposta de Lingualízate!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS.
admin — Ven, 07/05/2021 - 12:52
O día das Letras Galegas deste ano está adicado á poeta Xela Arias. Para coñecermos un pouco máis dela o alumnado de 4ºA preparou unha pequena exposición, onde podemos saber da súa vida, cales son os seus libros ou ler algún dos seus poemas, así como un pequeno percorrido por algunhas das súas fotos.
DÍA DO LIBRO 2021
admin — Mér, 28/04/2021 - 20:21
Co gallo do Día do Libro 2021, o Departamento de Lingua castelá e Literatura organizou unha serie de actividades que se expuxeron en distintas localizacións do centro dende a semana pasada. O alumnado de 1º e 2º de ESO, axudados polo Departamento de Educación plástica e visual, confeccionaron as súas propias cartoneiras. Foi unha boa oportunidade de coñecer esta tendencia que algunhas editoriais alternativas promoveron sobre todo en Hispanoamérica dende 2003. A entrada do instituto encheuse así da cor e alegría que as portadas deseñadas polo alumnado achegaban. Por outra banda, o alumnado de 1º de ESO, en colaboración co Departamento de Lingua inglesa, imaxinou como serían as conversas de Whatsapp entre William Shakespeare e Miguel de Cervantes e expuxeron estas humorísticas “capturas de pantalla” nos taboleiros da entrada. En 3º e 4º de ESO o alumnado rendiu unha homenaxe á iniciativa da artista Nina Katchadourian, que deseñaba auténticos poemas a partir de títulos de libros. As mellores “lomopoesías”, que debían incluir algún título de Cervantes nos seus versos, foron escollidas para a decoración do frontal das escaleiras das distintas plantas do instituto. O alumnado de 1º de ESO D e B encargouse de debuxar unhas letras ben bonitas nesas bandas poéticas. Así mesmo, o Departamento de Lingua castelá propúxonos un reto colectivo: adivinar títulos de obras literarias a partires de emoticonas combinadas. A solución ó enigma desvelouse o venres, Día do Libro. O broche de ouro a todas estas actividades púxoo un concurso literario no que participou alumnado de 1º de ESO e que tivo como gañadores a Alicia Ama Ferreiro e a Sofía Llario Iglesias, de 1º ESO C. Os premios foron un lote de libros escollidos polo Departamento e dous vales para mercar na Casa do Libro. Moitas grazas a todos os que contribuistes para que este Día do Libro fose especial.
DÍA DA NATUREZA
admin — Mér, 03/03/2021 - 11:54
DÍA DA NATUREZA
Para salientar o respeto pola fauna e flora autóctona o EDLG montou unha pequena expo co gallo do Día da Natureza, o 3 de marzo. A modo de xogo léxico pódense comprobar os coñecementos sobre os nosos animais, árbores e matugueiras, ademais de concienciar sobre a importancia do coidado do medio ambiente
DÍA DE ROSALÍA
admin — Mér, 24/02/2021 - 01:17
DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro así que para celebralo Lingualízate, o EDLG do instituto, fixo unha pequena exposición, "As caras de Rosalía", para abrir o debate nas aulas sobre a comparativa entre Rosalía escritora e Rosalía icona gráfica e símbolo da galeguidade. Ademais elaboraron a Playlist de Rosalía, máis de tres horas de poemas musicados, que xa compartiron con outros centros de ensino e está a ter moito éxito.
ENTROIDO 2021
admin — Xov, 18/02/2021 - 02:12
ENTROIDO 2021
Este ano o Entroido nos Rosais 2 celebrámolo ao grande. Tivemos un meco, unha exposición sobre personaxes do Entroido galego, rapazas e rapaces de 3º da ESO presentando esta exposición nos cursos de 1º e 2º, puidemos ver un vídeo sobre varios destes personaxes, un documental do músico Kepa Junquera e, o máis importante, a rapazada de 1º e 3º participou nun concurso de máscaras baseadas nestes personaxes que nos aledou a entrada do instituto. O nivel foi altísimo e todas merecían premio pero despois dunha longa deliberación o resultado podedes velo nas fotos. Grazas a todas e a todos por participar e feliz Entroido!!
DÍA DO PROFESOR DE FRANCÉS
admin — Lun, 21/12/2020 - 19:52
DÍA DO PROFESOR DE FRANCÉS
“O meu profesor de Francés é, era, sería…” Con esta frase poderiamos comenzar a contar miles de historias sobre un colectivo que leva anos traballando con gran entusiasmo, agarimo e dedicación para transmitir a lingua de Marie Curie, de Montesquieu, do Principiño, de Edith Piaf, de Asterix e Obelix, e de tantos outros que forman parte da cultura francófona. O noso centro, por medio do departamento de francés, tamén quixo facer unha pequena homenaxe a estes grandes profesionais a través dunha colorida exposición onde algún dos nosos alumnos escribiron sobre como lles influiu o profesor de francés, onde a través de imaxes signifivativas destacouse a importancia da lingua e da cultura francesas na formación integral dos xoves.
EXPOSICIÓN PAISAXES HISTOLÓXICAS
admin — Ven, 11/12/2020 - 14:15
EXPOSICIÓN PAISAXES HISTOLÓXICAS
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, presentou a exposición “Paisaxes histolóxicas” realizada pola profesora e Doutora Rosa Álvarez do Depto. de Bioloxía funcional e ciencias da saúde da Universidade de Vigo. As láminas reflicten a singular beleza dos tecidos que forman parte dos seres vivos despertando a curiosidade do alumnado.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+