Pais/Nais
Saídas Extraescolares
VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
admin — Ven, 06/03/2020 - 22:22
VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O pasado venres 28 de febreiro, o alumnado de Historia da Arte de 2º Bach D acompañados da súa profesora, Luisa González Ríos, realizaron unha visita á cidade de Santiago de Compostela. Despois da obrigada parada na Catedral, achegáronse ata o Mosteiro de San Martín Pinario, Museo do Pobo Galego, Parque de Santo Domingo, Convento de Santa Clara, Pazo Colexio de Fonseca, Pazo Bendaña, Casas do Deán, Porta de Mazarelos, Alameda, etc... Un fermoso día no que se cambiou a aula polas estradas santiaguesas!
SEMANA BRANCA 2020.
admin — Mar, 03/03/2020 - 01:57
SEMANA BRANCA 2020
Un ano máis o Departamento de Educación Plástica e Visual en colaboración co Departamento de Educación Física levou a cabo a viaxe á estación de esquí de Boí Taüll en Lérida. 48 alumnos e alumnas de 4ºESO realizaron esta actividade que se desenvolveu dende o 15 ata o 21 de febreiro, acompañados polos profesores Carlos García, Emma Janeiro e Sara González. Durante esa semana o alumnado estivo recibindo clases de esquí pola mañá e pola tarde na estación de Boi Taüll e tamén visitaron o Museo Fundación Jorge Oteiza así como a igrexa San Clemente de Tahull, unha das representacións do arte románico do Pirineo.
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
admin — Ven, 21/02/2020 - 02:49
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
O día 14 de febreiro o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo celebrou as Xornadas da muller e a nena na ciencia. O alumnado do IES Rosais 2 acompañado polo profesor Xenxo Pérez e Laura Montes quixo manifestar o seu apoio á investigación e á sociedade baseada na igualdade de oportunidades independentemente do sexo. Nestas xornadas investigadoras do Oceanográfico e do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo mostraron ao noso alumnado como é o día a día nun laboratorio e puideron observan in situ como se alimenta un mexillón, como se extrae ADN ou como se poden separar os pigmentos das plantas, entre outros experimentos. Tamén cómpre felicitar a oito alumnas do noso centro, pois actuaron como monitoras ese día a carón de científicas. O seu labor centrouse en ensinar o alumnado doutros centros vigueses, con rigurosidade e amenidade, como se traballa nun laboratorio. Moitos parabéns polo voso traballo! Foi un día onde a ciencia e a igualdade foron unha festa.
VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES
admin — Ven, 21/02/2020 - 02:43
VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES
O 12 de Febreiro, o alumnado de 3º E.S.O. A , B e C visitou tres museos científicos, o Aquarium Finisterrae, a Domus e a Casa das Ciencias na Coruña. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e tuvo como profesores acompañantes a Irene González, Víctor Ronco, Miguel Otero e Raúl Matos. A saída tivo como obxectivo achegar, dun modo interactivo e ameno, diferentes contidos científicos, relacionados co océano, o corpo humano, así como a física e a astronomía.
VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO FARO DE VIGO (2ª quenda)
admin — Sáb, 08/02/2020 - 16:41
VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO FARO DE VIGO (2ª quenda)
O mércores, día 5, tocoulle a quenda o alumnado de 2º ESO B para visitar as instalacións de Faro de Vigo. Como os seus compañeiros, puideron observar como os traballadores do xornal fan que saia á rúa diariamente. Neste caso, os rapaces e rapazas contaron tamén co privilexio de escoitar as palabras e os consellos do seu director, Rogelio Garrido. Veremos se alguén decide seguir os seus pasos. O alumnado estivo acompañado por Margarita Alén e Javier Cabaleiro.
CINE SOCIAL“TERRAFERMA”
admin — Ven, 07/02/2020 - 18:28
CINE SOCIAL“TERRAFERMA”
O 4 de febreiro 92 alumnos/as de Relixión de 1º, 2º, 3º e 4º ESO asistiron á proxección da película “Terraferma”. Actividade organizada polo Departamento Relixión. O alumnado estivo acompañado de Gabino Costas, Víctor Ronco, Laura Rodríguez e Emilio González.
VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA (CSIC)
admin — Ven, 07/02/2020 - 17:55
VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA (CSIC)
O 31 de Xaneiro 52 alumnos/as que cursan a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º E.S.O. A, B e C, realizaron unha visita didáctica á Misión Biolóxica de Galicia do CSIC organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estivo acompañado polos profesores da materia D Raúl Matos e D.ª Sara González. A saída didáctica tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven os grupos de investigación da M.B.G. O alumnado visitou as dependencias da M.B.G., recibindo diversa información aportada polos científicos, sobre: a Historia do Centro e as liñas de investigación que desenvolven na actualidade. Visualizaron as zonas onde realizan os cultivos experimentais e o banco de xermoplasma. Percorreron distintos laboratorios de investigación (grupo de brásicas, grupo de xenética e mellora do millo, grupo de ecoloxía forestal, grupo de agrosistemas) dotados de instrumental de xenética e material de microscopía, dendrocronoloxía, coleccións de sementes, etc.
CINE “1917”
admin — Ven, 07/02/2020 - 01:49
CINE “1917”
O 30 de xaneiro o alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º bacharelato C e D asistiu á proxección da película 1917 ambientada na 1ª Guerra Mundial. Actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Os/as alumnos/as estiveron acompañados por Aleixandre Méndez e Noa Carrera.
ACTIVIDADES ESCOLARES DA MOSTRA “A VIVIR QUE SON 100 ANOS”
O xoves 30 de xaneiro o alumnado de 1º de bacharelato B acudiu a Sala AFundación, para asistir a exposición " A vivir que son cen anos". Traballando o alongamento da vida dende as perspectiva da materia de Anatomía Aplicada. Foron acompañados polo profesor Raúl Matos e a profesora Irene Otero.
VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO FARO DE VIGO
admin — Dom, 02/02/2020 - 20:42
VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO FARO DE VIGO
O pasado mércores 29 de xaneiro o alumnado de 2º ESO A e C visitou as instalacións de Faro de Vigo. Alí explicáronlles a importancia deste xornal no desenvolvemento cultural da cidade desde hai máis de século e medio. A visita foi moi completa e puideron admirar, ademais das oficinas, as xigantescas rotativas nas que cada día se produce o xornal. A actividade estivo organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura, e o alumnado estivo acompañado por Margarita Alén, Dolores Melendreras e Aurora Camstra.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+