Pais/Nais
II Olimpíada Nacional de Teleco: Gran éxito do noso centro
admin — Xov, 23/05/2024 - 09:38
Preto de 300 estudantes de medio cento de institutos de ensino secundario de toda Galicia participaron entre o xoves 25 e sábado 27 de Abril na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na II Olimpíada Nacional de Teleco , unha cita na que se reta ás alumnas e alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional a que realicen un proxecto de telecomunicacións que solucione algún dos problemas aos que se enfronta a nosa sociedade. Nesta ocasión os prototipos presentados tiñan que estar vinculados co ODS 3 da Axenda 2030: saúde e benestar.
Ao igual que na súa primeira edición, a Olimpíada Nacional de Teleco desenvólvese en dúas fases: unha galega na EET da UVigo, e outra nacional, na que compiten os proxectos gañadores das distintas competicións locais. A fase nacional desenvolverase durante o mes de maio nunha final en liña.
Na fase Galega xa rematada temos a excelente noticia de anunciar que o noso centro logrou un gran éxito ao ser galardoado co segundo premio tanto nas categorías da ESO e de Bacharelato. Os nosos parabéns para o Departamento de Tecnoloxía e as rapazas e rapaces participantes neste evento pertencentes o grupo de Tecnoloxía de 4º da ESO e de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato.
Calendario Exames 2º Bach Convocatoria Extraordinaria
admin — Mér, 22/05/2024 - 12:05
Luns 10 xuño | Martes 11 xuño | Mércores 12 Xuño | |
9:00 | Castelá | Galego |
TIC Pendente galego 1ºBach |
11:00 | Inglés | Historia | Física |
13:00 |
Hº Arte Química |
Filosofía Psicoloxía |
Xeografía |
16:30 |
Tecnoloxía Pendente Ingles 1ºBach |
Matemáticas | Bioloxía |
18:30 |
Economía Latín |
Debuxo |
Francés Alemán Pendente castelá 1º Bach |
Ficheiro para descargar:
Listaxe de Admitidos
admin — Mér, 15/05/2024 - 10:49
Pódese consultar no taboleiro do centro a listaxe definitiva de admitidos para o curso 24-25.
A listaxe é accesible dende a aplicación admisión alumnado.
Mesa redonda 12 abril
admin — Xov, 02/05/2024 - 09:27
No mes de abril o departamento de orientación organizou unha mesa redonda con antigos alumnos do IES ROSAIS coa finalidade de orientar e asesorar ao alumnado de Bacharelato a escoller o seu futuro.
Foi un coloquio enriquecedor e dinámico onde 8 antiguos alumnos compartiron en profundidade os retos e dificultades que tiveron que enfrontar na etapa universitaria e no mundo laboral.
Para o IES ROSAIS 2 é un orgullo poder contar coa colaboración destes ex alumnos que actualmente están prestando os seus servizos en empresas líderes de diferentes sectores.
Aí van os mentores que participaron na xornada:
1. CAROLINA GONZÁLEZ PÉREZ ENX. TELECOMUNICACIONES
2. MARIEL MÁRQUEZ BARREIRO ENX. TELECOMUNICACIONES
3. VALENTINA PATRICIA REINOSO FERNÁNDEZ ENX. ELECTRÓNICA
4. ADRIÁN GONZÁLEZ GÓMEZ Graduado MATEMÁTICAS
5. ALBA GONZÁLEZ MÉNDEZ Graduada PSICOLOXÍA
6. JAIME ÁLVAREZ DÍAZ ENX. INDUSTRIAL
7. ÓSCAR FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ CS ANIMACIÓN TURÍSTICA
8. VÍCTOR PÉREZ CURRÁS Graduado PERIODISMO
¡Grazas por compartir a vosa experiencia!
Calendario exames 2º Bach comvocatoria ordinaria
admin — Mér, 17/04/2024 - 12:05
Luns 6 maio | Martes 7 maio | Mercores 8 Maio | Xoves 9 maio |
10:00 Lengua Castelá | 10:00 Bioloxía | 10:00 Filosofía | 10:00 Química/Economía |
12:30 Xeografía/ Hº Arte | 12:30 Alemán/ Francés/ TIC | 12:30 Debuxo | |
Venres 10 maio | Luns 13 maio | Martes 14 maio | |
10:00 Historia | 10:00 Matemáticas acedémicas | 10:00 Matemáticas aplicadas | |
12:30 Inglés | 12:30 Lingua Galega | 12:30 Física/Latín |
Olimpíadas Tecnoloxía 23-24
admin — Xov, 22/02/2024 - 10:21
O IES Rosais 2 participará nas Olimpíadas de Teleco con varios equipos de ESO e Bacharelato. O 25 de xaneiro asistiron ao acto de presentación que incluíu ademais unha charla técnica sobre as telecomunicacións e unha visita guiada á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo. O 1 de febreiro tiveron tamén unha sesión online de formación básica en Micro:bit como preparación antes da Olimpíada. Os profesores que están preparando ao alumnado son Víctor Ronco e Óscar Loeda, do Departamento de Tecnoloxía.
Pista de Xeo en Samil
admin — Xov, 08/02/2024 - 22:10
O Departamento de Educación Física organizou unha actividade de patinaxe para o alumnado de 1º da ESO. Desfrutaron dunha xornada de patinaxe sobre xeo na pista instalada en Samil o 15 de xaneiro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+