Curso 2009/10
Certame de Fotografías Literarias
Fallouse O Concurso de Fotografías Literarias convocado polo Taller de Palabras. Entre as persoas premiadas atópase a titulada "Ideas" da alumna do centro Emma Fernández. ¡Enhoraboa!.
1º Certame de poesía ilustrada - 1º ESO
No enlace Bibliocabe podedes ver os tres primeiros premios concedidos a alumnos de 1º da ESO con motivo da celebración dun certame de poemas ilustrados.
Día de San Valentín 2010
30 de Xaneiro. Día da Paz
O pasado día 30 de xaneiro celebrouse o Día internacional da Paz. Con motivo desta celebración, no noso centro físoxe unha pequena exposición do Guernica, coordinada polo vicedirector e profesor de deseño Manuel Sánchez. Picando na foto, podedes acceder á galería de fotos.
Se queredes máis información, podedes acceder ao seguinte enlace de Bibliocabe.
Entrevista co alcalde de Monforte
Visita á Caneira de Ourense
Fotos do Santo Tomé 2009/10
- APIs de Blogue
Obradoiro "Alimentación Saudábel"
Actividades Santo Tomé 2009/10
O día 29 de xaneiro, con motivo da festividades de Santo Tomé, vanse organizar unha serie de actividades dende as 11:15 ata as 14:15, que afectarán soamente ao alumnado da ESO. No bacharelato, as clases desenvolveranse con normalidade. As actividades e a súa distribución horaria están deseñados nos seguintes arquivos, en formato PDF:
Excursión Semana Branca a Andorra - 2010
Nesta páxina, o IES Río Cabe irá informando diariamente das novas relacionadas coa excursión dos alumnos de 1º de BAC e Ciclo Formativo "Semana Branca 2010" en Andorra.
-
17-01-10: Os rapaces, cos profesores acompañantes, chegaron ao hotel CIMS onde se van a hospedar durante toda a semán. Segundo comentaron os profesores non houbo nengún percance e imprevisto algún.
-
18-01-10: Logo do primeiro día de esquí, e a pesares do cansancio dos rapaces, todo discurre segundo o planificado.
-
19-01-10: Segundo día de esquí, sen incidencias. Segue aumentando o nivel de esquí e o cansancio dos rapaces. Non houbo nenguhna incidencia.
-
20-01-10: Os rapaces estiveron todo o día de esquí e pola tarde foron a patinar sobre unha pista de xeo. Os rapaces están contentos e cansos.
-
21-01-10: Segundo comentan os profesores acompañantes, no día de hoxe xa aprenderon a esquiar tódolos rapaces e rapazas. Ao rematar, e pola tarde, foron ao balneario de Caldea.