Normalización Lingüística

Comezan os Clubs de Lectura de xaneiro!!

 

Esta semana comezan os clubs de lectura de xaneiro:

 

Luns: A era de Lázaro, de Paula Carballeira Cabana

Mércores: Corredora, de María Reimóndez

Xoves: Morning Star, de Xosé Miranda

Venres: TAM, de Anémona de Río 

 

As xuntanzas serán, coma sempre, durante o recreo; e punto de encontro será na Biblioteca. Animádevos á lectura!!

 

#ClubdeLectura #EDLGMella

Tríptico sobre os Petróglifos de Vigo

Xa está aquí o Tríptico sobre os Petróglifos de Vigo! Un traballo de 1º FPBAdmin para o Proxecto Mámoas, no que podemos facer un percorrido por 14 dos petróglifos máis senlleiros do noso Concello. Neste folleto, poderedes coñecer a localización, a descrición e o estado de conservación de cada un dos petróglifos vigueses máis relevantes. Ademais, tamén se acompaña neste traballo unha pequena guía de boas prácticas ante calquera elemento patrimonial deste tipo...
Aínda non a tes? Ven á presentación do "Proxecto Mámoas" e consegue a túa!!
 
Podedes ver o vídeo do Tríptico no Youtube de "Proxecto Mámoas": https://www.youtube.com/watch?v=K83lgs7lzQI

Presentación do "Proxecto Mámoas"

O vindeiro martes preséntase o "Proxecto Mámoas", un proxecto de dinamización lingüística a través da arte megalítica e rupestre do Concello de Vigo. Será no Salón de Actos e contaremos coa participación de Xosé Couñago, divulgador a través da web Patrimonio Cultural de Vigo: http://xosecounhago.com/. Non faltedes!!

Saída para Canto de Panxoliñas

 

 

O coro de Nadal do IES Ricardo Mella (1º e 2º ESO), acompañado do Apalpador e da Apalpadora, realizou o pasado mércores 22/12/23 unha fermosa actuación no Centro Residencial de Persoas Dependentes do Meixoeiro (Vigo 2); na que interpretaron, entre outras pezas, a panxoliña titulada "Canto de Nadal de Luíntra". Ademais, cantáronlle tamén o Feliz Aniversario a María e Asunción, dúas marabillosas persoas que onte cumprían 100 e 104 anos respectivamente. Para rematar, despois de entoar cantigas como a Rianxeira ou o Sancristán de Coímbra, cada integrante do noso coro regaloulles ás e ós residentes presentes no Salón de Actos unha postal de Nadal e algún caramelo...
Desde o EDLG do Mella desexámosvos un Bo Nadal e que todos os vosos desexos se cumpran para o 2023!!!
Podedes ver o vídeo da actuación na seguinte ligazón: https://bit.ly/3jii62w

Traballos premiados no Concurso de Postais de Nadal

 

Velaí os traballos premiados no Concurso de Postais de Nadal, organizado pola Biblioteca, os Departamentos de Lingua Galega, Española, Inglesa e Francesa; e mais coa colaboración do EDLG para este Nadal 2022... Á volta de vacacións, máis concretamente o día 9/1/2023 durante o recreo, farase a entrega de premios na Biblioteca.

Desde o EDLG desexamos moi boas Festas para todo o mundo e, especialmente, para todas as persoas que conforman a Comunidade Educativa do IES Ricardo Mella...

Bon Nadal! Feliz Navidad! Joyeux Noël! #NadalnoMella

 

Distribuir contido