"Mulleres Valentes" e "Rosalía na Onda", os novos programas de "Na Onda do Mella"
Chega "Mulleres Valentes", a gravación do grupo de 1 ESO para o programa "Mulleres Bravas", traballo radiofónico realizado polo alumnado do IES Ricardo Mella na xornada especial do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Neste petisco radiofónico, escoitaremos as voces de alumnado de 1º ESO que nos contarán historias de vida sobre algunhas mulleres valentes das súas familias.
Ademais, Na Onda do Mella conmemoramos a data do nacemento de Rosalía de Castro a pasada semana (23/2/23) coa emisión do programa "Rosalía na Onda", escoitando moita música e recitados do alumnado do noso Centro. Desde o IES Ricardo Mella queremos reivindicar a nosa poeta nai con esta humilde retransmisión, lembrando algúns dos seus versos nas voces do alumnado de secundaria e de ciclos do noso IES.
Ligazón a"Mulleres Valentes": https://www.ivoox.com/na-onda-do-mella-5-mulleres-valentes-08-3-23-audios-mp3_rf_104292442_1.html
Ligazón a"Rosalía na Onda": https://www.ivoox.com/na-onda-do-mella-4-rosalia-na-onda-audios-mp3_rf_103979903_1.html